TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18. 5ª X.

PITA E ÁNGEL, OS MÁIS VALORADOS

Coincidencia nas valoracións de tres ilustres veteranos que se achegaron esta tarde ao campo do Ramo. Marcelino, Oli e Fran Bardanca destacaron ...

Ares, 2 de outubro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad 2017-2018 de Bodegas y Vinos Ares. Barallobre, 2 - Numancia, 5. Oli, Fran Baradanca y Marcelino.... a actuación dos dianteiros do Numancia, especialmente de Alejandro Pita. 

Como xa publicamos onte, Barallobre estaba marcado coma o inicio desta nova temporada para recoller as valoracións dos nosos afeccionados ao finalizar cada partido. Queremos favorecer a participación dos nosos siareiros e reforzar os lazos de unión entre todos os estamentos da entidade. 

Esta tarde tivemos a ocasión de coincidir con tres grandes do Numancia, dous dos cales aproveitaron o seu regreso de terras foráneas para ir ver o partido do seu Numan. Se Oli acaba de chegar de Alemaña, Marcelino leva uns días descansando no seu Ares despois dunha longa temporada nas Baleares. O cariño cara o Numan destes tres grandes é indiscutible e por iso, é un privilexio ter compartido unha tarde de fútbol con eles.

No partido de Barallobre estas son as sumas dos puntos outorgados polos tres afeccionados aresáns:

ADR Numancia de Ares. Trofeo a la regularidad 2017-2018 de Bodegas y Vinos Ares. Barallobre, 2 - Numancia, 5. Alex Pita.Pita: 14

Ángel: 11

Elías: 11

Iván: 11

Fran: 10

Martín: 10

Alberto: 9

Carlos: 9

Juan: 9

Espiñeira: 9

Vicente: 9

Julio: 9

Esteban: 8

Arnoso: 8

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.