Inicio Premios Regularidade de afeccionados 2017-2018 TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18
 
 

TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS E VIÑOS ARES, 2017/18

COMEZAMOS EN BARALLOBRE

Tres afeccionados puntuarán ao final do partido a actuación dos xogadores numantinos.

Ares, 1 de outubro de 2017.

 Unha temporada máis, a empresa Bodegas & Vinos Ares renova o seu compromiso co Numancia e patrocina o  Trofeo á Regularidade. En cada xornada solicitarase a participación de tres afeccionados que terán que valorar nunha escala de 1 a 5 a actuación de cada xogador e, a final de mes, o xogador con máis puntos será obsequiado cun premio por parte de Bodegas & Vinos Ares. A final de temporada tamén será entregado o Trofeo á Regularidade.

Bodegas & Vinos Ares conta na súa oferta con viños procedentes de 8 adegas:

Da Rioxa Alta: Adegas Murillo Viteri.

Da Rioxa Alavesa: Adegas San Prudencio.

Da Ribeira do Doiro: Adega Señorío de Bocos.

Da comarca de Valdeorras: Adegas Santa María.

Do Ribeiro ourensán: Adega Castro de Rei.

Da Ribeira Sacra: Adegas Don Bernardino.

Das Rías Baixas: Adega Gran Vinium e Adega F. Meis.

A ADR Numancia manifesta o seu agradecemento a Bodegas & Vinos Ares pola súa colaboración coa nosa entidade,  impulsando unha iniciativa que sen dúbida aportará un aliciente máis no partido de cada xornada.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.