XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE "CAFETERÍA CASINO ARESÁN". 2ª SEMANA MARZO

NUMANCIA, 2 – G. MUGARDOS, 1.

Pablo Cavezza materializou os dous goles da remontada. Ao descanso chegárase con vitoria visitante.

Ares, 13 de marzo de 2017.

Celebración do día da muller e ambientazo en Prados Vellos na tarde do sábado. Estes partidos de rivalidade sempre conseguen elevar a temperatura, non hai necesidade de motivacións extra. Así foi como puidemos presenciar un choque disputadísimo e intenso, sen un dominador claro e con fases de alternancia no control do xogo por parte dos dous equipos. Un gol olímpico finalizando a primeira parte facilitou que se adiantase o Mugardos no marcador. Xa na segunda parte e con Pablo Cavezza xogando en ataque pola banda esquerda, chegou o empate cun lanzamento seu, por alto, que resultou imparable para o porteiro mugardés. E no m. 68, un gran centro de Álex serviu para que o propio Cavezza rematase ao fondo das redes. De aquí ao final, o Mugardos empuxou para lograr o tanto do empate pero o Numancia resistiu ben os seus ataques.  

ADR Numancia de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 1. Prados Vellos. Día da muller en Prados Vellos.  ADR Numancia de Ares. Numancia, 2 - G. Mugardos, 1. Prados Vellos. Día da muller en Prados Vellos.

Máis imaxes do evento premendo neste enlace.

Entre as incidencias negativas salientar que faltando dez m. para o final fo partido, o árbitro expulsou ao capitán do Numancia, Óscar, por dobre cartón amarelo cando o xogador entrou no campo sen esperar a autorización do colexiado. E a falta de cinco m. tamén resultaron expulsados dous xogadores do Mugardos: Gabriel, por insultos a un contrario; e Alejandor por dobre cartón. E tamén temos que lamentar as lesións dos xogadores locais, Barreiro (posible desprazamento da rótula) e Pablo Ferro (posible rotura de fibras).

Nas votacións para o Premio á Regularidade, patrocinado neste mes de marzo pola Cafetería do Casino aresán, participaron xunto aos adestradores locais, Carballeira e José Antón, dous xogadores xuvenís, Álvaro e Fran Fernández. Estas foron as notas que nos deixaron:

CAVEZZA 5

CARLOS V     4

TITO         3,75

ÓSCAR         3,25

CARTELLE     3

EMI                 3

FEAL         3

MIGUEL         3

ADRI ANEI     2,75

RAÚL ANI      2,75

FERRO         2,5

GIL                 2,5

ROLO         2,5

BARREIRO     2,25

FRAN ANI      2,25

BIRAMA         1,75


A nota media do equipo alcanzou un 3, superando puntuacións anteriores.


En canto á suma dos puntos deste mes de marzo, patrocinado pola Cafetería do Casino Aresán, así quedan os mozos, disputados dous partidos:


CARLOS V     7,9

CAVEZZA 6,6

TITO         6,1

ÓSCAR         5,9

CARTELLE     5,8

MIGUEL         5,6

ADRI ANEI     5,4

FEAL         5,3

GIL                 4,5

ROLO         4,5

BARREIRO     4,1

EMI                 3,0

RAÚL ANI      2,8

FERRO         2,5

ANTÓN         2,4

F. ANIDO        2,3

BIRAMA         1,8

NICO         1,1

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.