XUVENÍS. TROFEO Á REGULARIDADE "CAFETERÍA CASINO ARESÁN". 1ª SEMANA MARZO

AS PONTES, 4 – NUMANCIA, 1

A Cafetería do Casino Aresán patrocinará durante este mes de marzo o trofeo á Regularidade dos xuvenís do Numancia, que iniciaron o mes cun resultado adverso, quizás demasiado avultado.

Casino Aresano. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.Ares, 4 de marzo de 2017.

Dúas xogadas desafortunadas na primeira parte déronlle a vantaxe no marcador aos ponteses, un equipo que estaba máis necesitado dos puntos, na súa loita polo segundo posto. Na segunda parte, puido o Numancia meterse no partido se lle entrar algunha das boas ocasións que tivo para conseguir o gol que merecía, mais unha falta dubidosa en medio campo sacada con rapidez polos azuis colleu desarmada á defensa numantina, dando lugar ao terceiro gol que pechaba o partido. 

Durante este mes de marzo, o trofeo á Regularidade dos nosos xuvenís estará patrocinado pola Cafetería do Casino aresán, un lugar de encontro e bo ambiente onde poder degustar tapas variadas ou encargar comidas para a casa. Tamén ofrecen comidas para grupos e organizan cumpreanos e outros eventos. Situada na Avd. Saavedra Meneses, nº 13 de Ares e co tlf. 633242819, está atendida por Tere e Eva desde o mes de febreiro.

Nas votacións do partido de As Pontes participaron os contados pais que se desprazaron ao Poboado. Javier Aneiros, Luís Feal e Xoán Vázquez, xunto ao adestrador José Antón valoraron o xogo dos nosos mozos, sendo estas as súas notas:

CARLOS V 3,8
CARTELLE 2,8
ADRI ANEI 2,6
ÓSCAR 2,6
MIGUEL 2,5
TITO 2,3
ANTÓN 2,3
FEAL 2,2
GIL          2
ROLO 2
BARREIRO 1,8
CAVEZZA 1,6
NICO 1,1

A nota media do equipo quedou nun 2.3, non chegando ao suficiente xeral.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.