TROFEO Á REGULARIDADE BODEGAS VINOS ARES.
JULIO ESCUDERO, PRIMEIRO LÍDER DE BODEGAS & VINOS ARES
O anterior Murillo Viteri convértese en Bodegas & Vinos Ares, empresa aresá liderada por Alejandro Pérez. Os xogadores de afeccionados do Numancia levarán nota en cada partido de liga, optando todos ao premio mensual á regularidade outorgado por Bodegas & Vinos Ares, así como ao premio á regularidade da temporada 2016/17.
Ares, 8 de setembro de 2016.
Bodegas & Vinos Ares conta na súa oferta con viños procedentes de 8 adegas:
- Da Rioxa Alta: Adegas Murillo Viteri.
- Da Rioxa Alavesa: Adegas San Prudencio.
- Da Ribeira do Doiro: Adega Señorío de Bocos.
- Da comarca de Valdeorras: Adegas Santa María.
- Do Ribeiro ourensán: Adega Castro de Rei.
- Da Ribeira Sacra: Adegas Don Bernardino.
- Das Rías Baixas: Adega Gran Vinium e Adega F. Meis.
Esta empresa aresá que colabora coa nosa entidade, continuará premiando o esforzo e tamén o acerto dos nosos xogadores afeccionados en cada un dos partidos que disputen ao longo desta temporada. Sempre segundo a opinión de catro afeccionados consultados en cada xornada.
Os resultados das votacións do partido celebrado o pasado domingo na Barqueira, ante o Cebarca, foron os seguintes:
Xogador | Puntos | |
JULIO | 4,75 | |
ELÍAS | 3,5 | |
DANI ESPIÑEIRA | 3,5 | |
JOAQUÍN | 3,25 | |
IVÁN | 3,25 | |
MARCELO | 3 | |
ÁLVARO | 2,75 | |
CARLOS | 2,25 | |
JUAN | 2,25 | |
ROI | 2,25 | |
ÁLEX MARTI | 2,25 | |
ANTÓN | 2 | |
ALBERTO | 2 | |
MARTÍN | 2 | |
AMENEDO | 1,5 |