TROFEO MURILLO VITERI. SETEMBRO 2014.
VOLVEN OS “TOP” MURILLO VITERI
Manel Pérez, representante da adega Murillo Viteri (Cenicero, A Rioxa) para a zona de Ferrolterra, entregará este vindeiro domingo, 5 de outubro, nos prolegómenos do partido Numancia – A Capela, o primeiro premio da temporada ao xogador máis regular do mes de setembro, galardón que neste primeiro mes de competición recaeu en Paulo.
Ares, 1 de outubro do 2014
Manel Pérez, “renovou” por quinta temporada consecutiva a sua colaboración co Numancia de Ares, de xeito que a adega Murillo-Viteri seguirá premiando mensualmente ao xogador máis regular do equipo de modestos, sempre segundo a opinión dos afeccionados, técnicos e directivos que presencian cada partido. O xogador que acade a mellor valoración, sumando os puntos obtidos en cada partido, recibirá un agasallo en forma de produtos pertencentes á adega Murillo Viteri. A ADR Numancia manifesta o seu agradecemento á adega Murillo- Viteri pola súa colaboración coa nosa sociedade, engadindo cos seus premios á regularidade un aliciente máis para os nosos deportistas.
Ademais, como nas pasadas edicións, a final de temporada, haberá un premio destinado ao xogador “máis regular da temporada”.
Durante o campionato de liga esta web publicará mensualmente as puntuacións obtidas polos xogadores en cada partido, a clasificación mensual e a xeral.
PICA AQUÍ, se queres contactar coa adega Murillo-Viteri.
A continuación, expoñemos as puntuacións medias obtidas polos xogadores en cada un dos partidos, así como, a valoración final correspondente o mes de setembro. Dende esta web aproveitamos para darlle a nosa noraboa a Paulo polo galardón.
XOGADOR |
Xornada 1 G. Caranza Numancia (1 - 1) |
Xornada 2 Numancia Miño (1 - 5) |
Xornada 3 S. Sadurniño Numancia (2 - 1) |
TOTAL MES |
PAULO |
3,5 |
3,5 |
3,3 |
10,30 |
ALEX PITA |
2,8 |
3,3 |
4 |
10,10 |
CARLOS |
4 |
3,3 |
2,8 |
10,10 |
JULIO |
3,8 |
3 |
3,3 |
10,10 |
ADRIAN |
3,3 |
3,3 |
3,3 |
9,90 |
ALBERTO |
3 |
3 |
3,3 |
9,30 |
ALVARO |
3 |
3 |
3 |
9,00 |
BORJA |
3,8 |
3 |
2 |
8,80 |
MANU |
3 |
2,5 |
3 |
8,50 |
FERNANDO |
1,8 |
2,5 |
2,3 |
6,60 |
MARTIN |
3,3 |
3,3 |
|
6,60 |
DARIO |
2 |
2,5 |
1,8 |
6,30 |
PEPE |
|
3 |
2,8 |
5,80 |
AMENEDO |
2,3 |
2,3 |
1 |
5,60 |
RUBEN |
4 |
1,5 |
|
5,50 |
XAIME |
1 |
2,8 |
1 |
4,80 |
JUAN |
|
|
2,8 |
2,80 |
CHAPU |
2 |
|
|
2,00 |
ROQUE |
|
|
1,8 |
1,80 |