TROFEO MURILLO VITERI. XANEIRO 2013.

Á TERCEIRA FOI A VENCIDA

Foron duas as ocasións nas que estivo a punto de levarse o Murillo Viteri. Nunha delas os seus compromisos laborais e na outra as sancións, impediron que se fixese co galardón.


Ares a 30 de xaneiro de 2013.

Javi "Rubio" Trofeo Murillo Viteri mes de xaneiro do 2013. É un dos mellores dianteiros, senón o mellor, da 2ª autonómica e una peza clave e fundamental nas vitorias numantinas. Das súas botas xa saíron na presente tempada 14 dianas. Estamos a falar de Javi Fuentes o "Rubio", como é máis coñecido, porque él foi o xogador máis valorado segundo a opinión dos afeccionados no presente mes de xaneiro. O Rubio, cos seus 22 anos de fidelidade ao Numancia como xogador (Tempada 1991 - 1992) é unha persoa capaz de compaxinar a súa profesión coa súa afección. A súa vida dedicada ao mar como armador-pescador profesional, sabedores dos sacrificios que esta profesión entraña, non impiden a este comprometido xogador acudir aos adestramentos e aos partidos, sempre que o seu traballo llo permite. Sen lugar a ningunha dúbida un espello no que se deberían mirar os máis novos.

Noraboa Javi porque é unha distinción e un premio máis que merecido.

O domingo 10 de febreiro nos prolegómenos do partido que o Numancia disputará en Prados Vellos fronte a SD Ánimas, Manel Pérez representante das adegas Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra fará entrega do premio a o Rubio, ao que dende aquí aproveitamos para darlle a nosa felicitación.

Estas son as valoracións do mes de xaneiro.

 

XOGADOR

Xornada 15
Numancia
Mugardos B

Xornada 16
Numancia
X. Cabanas

Xornada 17
As Pontes B
Numancia

TOTAL
MES
JAVI 4 3,3 4,3 11,60
TETI 4 3 4,3 11,30
BULE 3,3 3 4 10,30
ALEXMARTI 3 2,5 4,5 10,00
ANTON 3 2,5 4,3 9,80
JAVI ENRIQUE 2,5 3,3 3,5 9,30
MARTIN 2,8 2,5 4 9,30
MANU 2,8 3 3 8,80
CARLOS 2,8 2 3,8 8,60
DUDI 2 2 3,5 7,50
JAIME 4,5 2,5   7,00
ALEX GARCIA 3,5 2,8   6,30
JAUMA 2 1,8 2,5 6,30
COSTA   2 3,5 5,50
PUTXI 1,3 1 2 4,30
JULIO 2,8     2,80
PITA     2,8 2,80
ALVARO     2,5 2,50
JUANLU     2 2,00
JUANRA 1,8     1,80
FERNANDO   1   1,00



Despois de dezasete xornadas disputadas, Teti continua a comandar a clasificación xeral para optar ao Trofeo Murillo Viteri da tempada.

XOGADOR OUTUBRO NOVEMBRO DECEMBRO XANEIRO TOTAL
TETI 20 12,8 14,5 11,3 58,60
CARLOS 20,7 11,3 14,6 8,6 55,20
JAVI 17,9 12,8 12,3 11,6 54,60
MARTIN 17 13,4 14,1 9,3 53,80
ANTON 14,7 12,6 14,4 9,8 51,50
MANU 17,5 10,8 12,1 8,8 49,20
COSTA 17,3 12,6 13,1 5,5 48,50
ALEXMARTI 8,4 12,9 15,3 10 46,60
DUDI 14,4 10,6 12,4 7,5 44,90
BULE 12,3 5,3 10,8 10,3 38,70
ALVARO 12,3 5,8 10,6 2,5 31,20
JAIME 12 2,8 7,3 7 29,10
JULIO 11,3 8,6 5 2,8 27,70
FERNANDO 9 6,8 10,1 1 26,90
ALEX GARCIA 12,6 4,3 2,8 6,3 26,00
JAVI ENRIQUE   6,3 9,3 9,3 24,90
JUANLU 8,6 7,6 5,6 2 23,80
PUTXI 4,4 7,3 7,3 4,3 23,30
JAUMA   2 6,3 6,3 14,60
ORTEGA 9,5       9,50
RUBEN 8,7       8,70
JUANRA 2,3 1,5 1,8 1,8 7,40
PITA       2,8 2,80
DANI   2,5     2,50


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.