TROFEO MURILLO VITERI. NUMANCIA - SAN SADURNIÑO.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Trofeo Murillo Viteri Numancia - San Sadurniño.JAVI ENRIQUE GAÑADOR DO MURILLO VITERI DO MES DE MARZO.

Javi Enrique, Carlos Arnoso e Javi os mellor valorados no partido fronte ao San Sadurniño. Teti á cabeza do Murillo Viteri de fin de temporada.


Ares 4 de abril de 2012.

O partido contra o San Sadurniño poderíamolo calificar como o peor dos de Ares no que vai de temporada. Pouco e a moi poucos podemos destacar do mesmo, nunhas valoracións que se caracterizan pola igualdade e tirando ao baixo. Estas son as puntuacións outorgadas polos afeccionados aos xogadores:
 

 

CARLOS ARNOSO 3,25
JAVI 3,25
JAVI ENRIQUE 3,25
ALEX GARCIA 3
MARTIN 3
TETI 3
CESAR 2,75
COSTA 2,75
BRAYAN 2,5
MANU 2,5
IVAN F CASTELEIRO 2,25
JESUS 2,25
RUBEN 2,25
CARLOS BARCIA 2


Sumando o total das puntuacións dos partidos do mes obtéñense os totais que se citan a continuación e que outorgan a Javi Enrique o Trofeo Murillo Viteri do mes de marzo. O dianteiro aresán recibirá o seu agasallo de mans dun representante da adega Murillo Viteri no primeiro partido que o Numancia dispute en Prados Vellos, que será o vindeiro 22 de abril, fronte ao Valdoviño. Dende aquí damos os nosos parabéns a Javi Enrique.

Esta é a clasificación final do mes de marzo:

 

JAVI ENRIQUE 16,5
TETI 16
MANU 15,75
MARTIN 15
ALEX GARCIA 14,75
CARLOS ARNOSO 14,75
JESUS 14,5
CARLOS BARCIA 14
COSTA 14
BULE 13
JAVI 11,25
CESAR 10,75
RUBEN 9,25
JORGE 6,75
DANI CAGIDE 4,25
BRAYAN 2,5
ALVARO 2,25
IVAN F CASTELEIRO 2,25
JAUMA 1,75

 

Unha vez sumadas as puntuacións do mes de marzo e actualizados os datos, Teti encabeza a clasificación provisional para optar ao Trofeo Murillo Viteri de fin de temporada.

Así está a clasificación:

 

TETI 99
BULE 96
JAVI ENRIQUE 93,5
MANU 91,25
RUBEN 79,75
MARTIN 78,75
CARLOS BARCIA 73,25
ALEX GARCIA 67,25
CARLOS ARNOSO 66,75
COSTA 63,75
JAVI 62,75
CESAR 54
JESUS 50,75
PEDRO MACHADO 46,75
JORGE 42,5
ZETA 36,5
JAUMA 36,25
SYLLA 30,5
IVAN F GONZALEZ 21,25
BRAYAN 19,75
BORJA 17,25
ALVARO 14,5
DANI CAGIDE 13,75
IVAN F CASTELEIRO 12,5
JUAN ESCUDERO 10,5
AMENEDO 2,25
CARTELLE 1,75

 

Tan só restan cinco partidos para finalizar o campionato de liga. Cinco partidos que son os que conformarán o Trofeo Murillo Viteri do mes de abril, e con eles daremos por rematado o Trofeo á Regularidade da temporada 2011 - 2012.

Este é o calendario que resta de campionato de liga:

Mandiá – Numancia (15 de abril)

Numancia – Valdoviño (22 de abril)

Maniños – Numancia (29 de abril)

Numancia – Somozas “B” (6 de maio)

Ortigueira – Numancia (13 de maio)

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.