Inicio Premios Regualridade Afeccionados 2011-2012 TROFEO MURILLO VITERI. G. CARANZA - NUMANCIA
 
 

TROFEO MURILLO VITERI. G. CARANZA - NUMANCIA

UNHA TEMPORADA MÁIS, BODEGAS MURILLO VITERI ENTREGARÁ CADA MES UN PREMIO AO XOGADOR MÁIS REGULAR DO NUMANCIA.

Dani Bule foi o xogador máis destacado no partido de Caranza.

Ares, 7 de setembro de 2011

Manel Pérez e Fran Bardanca, representantes da adega Murillo Viteri (Cenicero, A Rioxa) para a zona de Ferrolterra, “renovaron” a colaboración coa ADR NUMANCIA, de xeito que cada mes desta temporada 2011-12 o xogador que acade a mellor valoración, sumando os puntos obtidos en cada partido, recibirá un agasallo en forma de produtos pertencentes á adega.

Ademais, a final de temporada, haberá un premio destinado ao xogador “máis regular da temporada”.

Excelente noticia para o plantel de afeccionados que terá unha motivación extra nos partidos.

Esta web do Numancia publicará semanalmente as puntuacións da xornada e tamén a clasificación do mes. As valoracións das actuacións dos xogadores van recaer en catro persoas: no adestrador e o delegado do equipo, por unha banda; e, para completar estas valoracións, en cada xornada solicitarase a participación de dous afeccionados.

 

Por se queren contactar coa adega Murillo-Viteri, indicamos os teléfonos:

Manel Pérez, 660582539. Fran Bardanca, 651864807

e o correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo            

 

No primeiro partido disputado este domingo en Caranza, o capitán do equipo, Bule, conseguiu a valoración máis alta. Estas foron as cualificacións:

 

BULE                           4,75

JAVI ENRIQUE          3,75

ALEX GARCIA           3,25

ZETA                           3

PEDRO MACHADO  3

SYLLA                         3

COSTA                       2,75

CARLOS                     2,5

MANU                         2,5

JAVI                            2,5

IVAN                            2,25

RUBEN                       2

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.