AFECCIONADOS: TROFEO MURILLO VITERI

MANU, XOGADOR CINCO ESTRELAS OU “CINCO MURILLO VITERIS”
Cumpríronse os pronósticos e Manu conseguiu o galardón, o recoñecemento como xogador máis regular da temporada 2010-11. O domingo, 29 de maio, antes do comezo do partido co Maniños, recibirá o agasallo da adega Murillo Viteri de mans de Manel Pérez. Ares, 24 de maio de 2011
De luxo, todo un privilexio poder contar nas nosas filas cun xogadorazo coma Manu, non só polas súas virtudes futbolísticas, coñecidas e admiradas por todo o fútbol ferrolá, senón tamén por ser un exemplo coma compañeiro, un modelo coma capitán.
Ademais de Manu, hai que salientar a exelente temporada realizada por rapaces coma Costa, Bule ou Rubén, afianzados no primeiro equipo e cumprindo con compromiso e responsabilidade.
Desde a familia numantina mandamos un agradecemento a Manel e Bardanca, responsables nesta comarca ferrolá da adega Murillo Viteri, pola súa iniciativa e colaboración co Numancia.

CLASIFICACIÓN DA TEMPORADA:

MANU    84,40
COSTA    74,81
BULE    73,48
RUBEN    68,53
ALEX    66,30
ZETA    65,90
CARLOS    64,88
JORGE    55,40
PEDRO MACHADO    52,56
CARLITOS    51,46
JAVI    50,51
VICENTE    48,30
JAUMA    44,56
JOSE    40,28
ANTON    32,35
MARTIN    32,25
TETI    29,36
OLI    25,10
QUIQUE    18,50
PEDRO BLANCO    14,68
BORJA    6,30
IVAN    4,35
AMENEDO    3,00
KIKO    2,20
RULA    2,00
JORGITO    1,66
JUANRA    1,50

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.