AFECCIONADOS: TROFEO MURILLO VITERI
MANU, XOGADOR CINCO ESTRELAS OU “CINCO MURILLO VITERIS”
Cumpríronse os pronósticos e Manu conseguiu o galardón, o recoñecemento como xogador máis regular da temporada 2010-11. O domingo, 29 de maio, antes do comezo do partido co Maniños, recibirá o agasallo da adega Murillo Viteri de mans de Manel Pérez.
Ares, 24 de maio de 2011
De luxo, todo un privilexio poder contar nas nosas filas cun xogadorazo coma Manu, non só polas súas virtudes futbolísticas, coñecidas e admiradas por todo o fútbol ferrolá, senón tamén por ser un exemplo coma compañeiro, un modelo coma capitán.
Ademais de Manu, hai que salientar a exelente temporada realizada por rapaces coma Costa, Bule ou Rubén, afianzados no primeiro equipo e cumprindo con compromiso e responsabilidade.
Desde a familia numantina mandamos un agradecemento a Manel e Bardanca, responsables nesta comarca ferrolá da adega Murillo Viteri, pola súa iniciativa e colaboración co Numancia.
CLASIFICACIÓN DA TEMPORADA:
MANU 84,40
COSTA 74,81
BULE 73,48
RUBEN 68,53
ALEX 66,30
ZETA 65,90
CARLOS 64,88
JORGE 55,40
PEDRO MACHADO 52,56
CARLITOS 51,46
JAVI 50,51
VICENTE 48,30
JAUMA 44,56
JOSE 40,28
ANTON 32,35
MARTIN 32,25
TETI 29,36
OLI 25,10
QUIQUE 18,50
PEDRO BLANCO 14,68
BORJA 6,30
IVAN 4,35
AMENEDO 3,00
KIKO 2,20
RULA 2,00
JORGITO 1,66
JUANRA 1,50