TROFEO MURILLO VITERI. SAN SADURNIÑO - NUMANCIA

EN SAN SADURNIÑO, BRILLOU BULE CON LUZ PROPIA
No último partido disputado coma visitante, o equipo conseguiu unha vitoria moi traballada e sufrida, e Bule foi o xogador mellor valorado polos afeccionados.
Ares, 4 de maio de 2011
Ademais de Bule, tamén destacaron Álex, Carlos e Jauma, tres xogadores que durante toda a temporada tiveron unha liña constante e regular. Estas foron as puntuacións obtidas polos xogadores:

BULE 4,25
ALEX 3,75
CARLOS 3,75
JAUMA 3,75
JAVI 3,5
MANU 3,5
RUBEN 3,5
VICENTE 3,5
ANTON 3,25
COSTA 3,25
JORGE 3,25
MARTIN 3
TETI 3
QUIQUE 2,75
ZETA 2,5

Galardón para o cancerbeiro xuvenil do Numancia. As excelentes intervencións de Carlos neste cuarto partido do mes (aínda que se xogou o 1 de maio, incorporámolo no mes de abril) significaron a súa confirmación coma o xogador máis regular deste último mes de liga. Parabéns para este rapaz (menor de idade) e veremos coma resolvemos a cuestión da entrega do agasallo da adega Murillo Viteri, acto que se celebrará o vindeiro domingo en Prados Vellos antes do comezo do partido co Ortigueira, derradeiro encontro desta liga.
Así quedou a táboa de abril:

CARLOS 14,25
MANU 12,75
BULE 12,00
ALEX 11,50
JAVI 11,25
JORGE 11,25
COSTA 11,00
QUIQUE 11,00
RUBEN 10,75
ZETA 10,75
TETI 10,50
JAUMA 8,75
MARTIN 8,75
ANTON 6,00
VICENTE 6,00
PEDRO MACHADO 5,00
AMENEDO 3,00
RULA 2,00

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.