Inicio Outros Deportes TORNEO DE CHAVE "PICAS"
 
 

TORNEO DE CHAVE "PICAS"

DESPOIS DO FÚTBOL, A CHAVE

Durante o 3, 4 e 5 de setembro celebrarase en Ares, na cancha do Picas, a vixésima edición do torneo de chave Picas. Ares, 31 de agosto de 2010
Os horarios son estes:
Venres, 3 de setembro: de 19.00 a 21.00 h.
Sábado, 4 de setembro: de 11.00 a 20.00 h.
Domingo, 5 de setembro: de 11.00 a 14.00 h.

O torneo disputarase polo sistema de eliminatorias entre os doce equipos participantes:
Lar de Picas, Fonte da Tella, Outeiro, Catro Camiños, A Kafeta, Vikingos Río Castro, Tilocha, Tilocha B, Supernenas, Limodre, Xomar e Os Manolos.
O sorteo para emparellar a estes equipos terá lugar o xoves, 2 de setembro, ás 21.00 h. no Lar de Picas.
O domingo, ao remate do torneo, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados así como ao máximo chavista da final. Por suposto, despois do xogo, haberá churrascada para os participantes.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.