Inicio Outros Deportes Fútbol Sala. Cervás 2010. Muelle 43 Campión
 
 

Fútbol Sala. Cervás 2010. Muelle 43 Campión

S.D.R. Numancia de Ares. Campeonato de Fútbol Sala  Cervás 2010. CIRSO Muelle 43 venceu no Torneo de Fútbol-Sala  Cervás 2010 organizado polo CIRS de Cervás.

A pulpería Muelle 43 venceu onte na final do campionato de futbol Sala de Cervás á Oulperia La Isla por 6-1 e proclamouse campión deste torneo organizado polo CIRS de Cervás.  Na final de cosolación acadou o terceiro posto o Café Bar cuatro Caminos ó vencer por 5 a 0 ó equipo da Cantina de Cervás. O máximo goleador do torneo acadouno César  Vicente do Atlántico con 14 goles, mentres que o porteiro menos batido recaeu nas mans de Juan do Muelle 43 ao encaixar 18 goles en 7 encontros.

S.D.R. Numancia de Ares. Campeonato Fútbol Sala Cervás 2010. Pulpería Muelle 43. Campeón

Previo á final xogouse un 3 en1 en categoría infantil. O Video-Club Ares venceu  no primeiro enfrontamenteo ao Coca Cola Zero por 3-2. O Ártabro de Cervás acadou un empate fronte  o Coca Cola Zero por 7-7 . Na final os de Cervás  venceron ó Video Club de Ares lub por 4-2. Deste xeito, proclaouse campeón o Artabro de cervás, seguido do Video-Club de Ares. E pechou a clasificación o Coca Cola Zero. Salientar que calquera dos tres participantes sería un moi merecido vencedor posto que todos os encontros estiveron moi disputados.

S.D.R. Numancia de Ares. Campeonato Fútbol Sala Cervás 2010. Participantes Infantís.

Todos os resultados e clasificacións e imaxes do torneo
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.