Inicio Outros Deportes 2ª XORNADA FÚTBOL PRAIA
 
 

2ª XORNADA FÚTBOL PRAIA

BRILLANDO ENTRE AS NUBES

Segunda xornada do Torneo de Fútbol Praia Ares 2010 organizado polo Numancia, "O Lar de Picas e que conta coa colaboración do Concello de Ares. Tamén segunda xornada na categoría alevín, na que se disputaron os seguintes encontros:

 

18:30

FURIA AZUL: Samuel, Ramón, Borja, Alberto, Raúl, Agustín, Abraham e Luís

LAR DE PICAS: Ian, Emilio, Piñeiro, Carlos, Fran, Moisés e Raúl.Venceu 1-16 o Lar de Picas. O resultado é o de menos nestes partidos, o importante é que todos os nenos desfrutaron do xogo.

Ás 19.30 saltaban á area de xogo os seguintes xogadores:

BARALLOBRE: Carlos, Anxo, Dani, Iago, Adrián, Alex, Aarón e Javi.

ESCARAPOTE: Alex, Dani, Pedro, Juanm Alejandro, David, Andrés, Carlos, Xavi e Andrés.

Venceu o Barallobre por 6-1 nun partido bonito ademais de entretido. Finalmente os de Barallobre leváronse os 3 puntos ante o equipo do Campamento urbano de Ares, que fixo un bo papel neste Torneo tendo en conta que son nenos de distintas partes da nosa xeografía que nunca xogaran xuntos ao fútbol.

Finalmente a choiva non apareceu nesta xornada de martes, facendo posible a afluencia de numeroso público desfrutando das xenialidades dos máis novos.

Mañá mércores temos os seguintes partidos:

18:00: FURIA AZUL - MUEBLES NARÓN (alevíns)

En xogo o 2º posto do Grupo A de alevíns que dá acceso ás semifinais do venres. Ao Furia Azul soamente lle serve a vitoria.

19:00 BARALLOBRE - LAS FIERAS (alevíns)

Xóganse estes dous equipos o liderato no grupo B de alevíns. Primeiro posto que tería como premio evitar en semifinais ao "Lar de Picas" equipo intratable no torneo ata o momento e campión do grupo A.  O Barallobre necesita a vitoria para ser campión de grupo, o empate beneficia a Las Fieras.

20:00 VIDEOCLUB - CANTINA CERVÁS (Final Infantil)

Primeiro partido entre estes dous equipos. Primeiro envite do play off de 3 partidos no que se divide a final de infantís. Entre o mércores, xoves e sábado saberemos quen é o campión do Torneo de Fútbol Praia Ares 2010. ¡¡Non vos perdades o primeiro enfrontamento¡¡¡

Como vedes, mañá mércores comezan as citas importantes na praia de Ares. ¡¡¡NON FALTEDES¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.