Inicio Outros Deportes FÚTBOL PRAIA. ARES 2010
 
 

FÚTBOL PRAIA. ARES 2010

FIN DO CAMPIONATO, ¡¡¡GRAZAS A TODOS¡¡¡

Despois de toda a emoción da semana na praia, chegaba o día mais agardado por todos. Ó sábado co desenlace definitivo de todas as categorías do Torneo. Estos foron os partidos que se xogaron o sábado:

Amosamos de seguido ás imaxes, comentarios e resultados....

 

CATEGORIA ALEVÍN:
Final de Consolación
17:30
LAS FIERAS:  Felipe, Antonio, Javier, Óscar, Nacho, Gonzalo, Jaime e Dani
MUEBLES NARÓN: Alfredo, Nico, Jose, Antón, Sergio, Miguel, Alfredo e Óscar.
Conseguiu o terceiro posto o Muebles Narón vencendo por 5-7 o equipo revelación do Torneo LAS FIERAS que contou con xogadores que non practican habitualmente o fútbol federado, polo que esperamos que este bo papel no Torneo os anime para practicar ó fútbol mais a menudo.

GRAN FINAL ALEVÍN
18:15
BARALLOBRE: Carlos, Anxo, Dani, Iago, Adrián, Alex, Aarón e Javi.
LAR DE PICAS: Ian, Carlos, Emilio, Fran, Moi, Piñeiro e Raúl.
Venceu o Lar de Picas por 13-5 proclámandose campión do Torneo deixando de manifesto a sua superioridade no Torneo.

Felicitar ós 6 equipos que participaron no campionato alevín pola súa total deportividade así como polas boas maneiras e o bo nivel competitivo que amosarón. Poidemos desfrutar do fútbol en estado puro, rapaces que veñen moi fortes dende abaixo, e que seguirán dando que falar. ¡¡¡Todos foron os gañadores¡¡¡ ¡¡¡Felicidades campións¡¡¡

FINAL INFANTIL
19:00
VIDEOCLUB ARES: Javi, Carlos, Dani, Berto, Miguel, Juan, Verónica e Iván.
CANTINA CERVÁS: Antonio, Roberto, Jorge, Jose, Marcelo, Andrés Novoa, David, Miguel e Ángel.

Venceu o Videoclub por 10-2 neste terceiro partido da final. No global da final 3-0 favorable ó Videoclub Ares.
Estes dous equipos amosáronos o nivel do fútbol infantil de Ares, dividíndose en dous equipos para o Campeonato. Agradecérlles a súa presencia e o seu esforzo por agradar ós espectadores.

FINAL FEMININA
20:00
MAMBOLEO: Bea, Cuqui, Pau, Boly, Kompinxe, Fany, Lucía Lago, Pichu, Mónica e Noe.
MESÓN A PONTE: Iria, Sheila, Teresa, Ángela, Rosa, Sarai, Paula, Ana, Laura, Diana, Erika e Alexia.

Volveo a vencer o Mamboleo, desta vez por 3-2 nun emocionante último partido do Torneo Feminino. Proclamouse campión o Mamboleo por un global de 3-0.
Neste Campionato feminino hai que recalcar o excelente comportamento das xogadoras, amosando unha deportividade extrema. Moi bo ambiente tanto na area de xogo como no público nos encontros de fútbol feminino.
Agradecer enormemente as xogadoras dos dous equipos a súa presencia neste Campionato de Fútbol Praia Ares 2010. Xogadores dos mellores equipos a nivel comarcal e galego A Fervenza FS e Valdetires Ferrol ambos conxuntos de División de Prata Feminina de Fútbol Sala así como xogadoras da SD O Val de fútbol feminino que compite en categoría autónomica participaron no Torneo vindo os 3 días a Ares coa máxima ilusión de agradar ós espectadores e amosar o excelente nivel do fútbol e fútbol sala feminino na nosa bisbarra. ¡¡¡MOITAS GRAZAS A TODAS CAMPIONAS¡¡¡

21:00
ENTREGA DE TROFEOS
E AGASALLOS

Para poñer o broche de ouro o Campioanato de Fútbol Praia Ares 2010 celebrouse a entrega de Trofeos presidida pola Concelleira de Servizos Sociais do Concello De Ares Dª Victoria Montenegro, contando tamén con representación da xunta directiva do Numancia de Ares e co organizador do Torneo “Picas”
Recibiron os seus trofeos:
CAMPIÓN ALEVÍN : “O LAR DE PICAS”
CAMPIÓN INFANTIL: VIDEOCLUB ARES
CAMPIÓN FEMININO: MAMBOLEO
SUBCAMPIÓN ALEVÍN: BARALLOBRE
SUBCAMPIÓN INFANTIL: CANTINA CERVÁS
SUBCAMPIÓN FEMININO: A PONTE
Asímesmo, tódolos participantes no Torneo recibiron unha viseira por xentileza do Concello de Ares.

Moitas grazas a todas pola vosa participación e ¡¡¡ATA O ANO QUE VEN¡¡¡

--------------

Cadro de Resultados do Campionato fútbol praia Ares 2010.

Data
Hora Categoría Encontro Resultado
Luns 19 de xullo 18:30 Alevíns (Grupo A) Muebles Narón – O Lar de Picas 2-13
Luns 19 de xullo 19:30 Alevíns (Grupo B) Las Fieras – Escarapote 13-5
Martes 20 de Xullo 18:30 Alevíns (Grupo A) O Lar de Picas – Furia Azul 16-1
Martes 20 de Xullo 19:30 Alevíns (Grupo B) Escarapote – Barallobre 1-6
Mércores 21 de Xullo 18:00 Alevíns (Grupo A) Furia Azul – Muebles Narón  4-10
Mércores 21 de Xullo 19:00 Alevíns (Grupo B) Barallobre – Las Fieras  6-3
Mércores 21 de Xullo 20:00 Infantís (Final 1) Video Club Ares – Cantina Cervás  12-5
Xoves 22 de Xullo 18:30 Infantís (Final 2) Cantina Cervás – Video Club Ares  6-10
Xoves 22 de Xullo 19:30 Femenino (Final 1) A Ponte – Mamboleo  2-6
Venres 23 de Xullo 18:00 Alevíns (S-1) O Lar de Picas - Las Fieras  9-4
Venres 23 de Xullo 19:00 Alevíns (S-2) Barallobre - Muebles Narón  4-3
Venres 23 de Xullo 20:00 Femenino (Final 2) Mamboleo – A Ponte  3-2
Sábado 24 de Xullo 18:00 Alevíns (Final) O Lar de Picas - Barallobre  11-5
Sábado 24 de Xullo 19:00 Infantís (Final 3) Video Club Ares – Cantina Cervás  10-2
Sábado 24 de Xullo 20:00 Femenino (Final 3) A Ponte – Mamboleo  3-5

 

  Alevíns Grupo A X G E P GF GC Puntos
1 O Lar de Picas 2 2 0 0 29 3 6
2 Muebles Narón 2 1 0 1 12 17 3
3 Furia Azul 2 0 0 2 5 26 0
                 
  Alevíns Grupo A X G E P GF GC Puntos
1 Barallobre 2 2 0 0 12 4 6
2 Las Fieras 2 1 0 0 16 11 3
3 Escarapote 2 0 0 2 6 19 0
                 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.