Inicio Outros Deportes REMO OLÍMPICO. CAMPIONATO DE ESPAÑA
 
 

REMO OLÍMPICO. CAMPIONATO DE ESPAÑA

ARES ESTARÁ EN SEVILLA
O Club de remo de Ares parte á noitiña para Sevilla, onde participará esta fin de semana no campionato de España de remo olímpico, nas categorías alevín, infantil e cadete. Ares, 7 de xullo de 2010

Ás once desta noite sae a expedición aresá desde as inmediacións do club de remo. Un autobús levará aos remeiros, adestradores, directivos e familias ata a cidade hispalense, onde o venres, 9 de xullo, comezará este campionato de España coas eliminatorias previas. O sábado celebraranse os cuartos de final e semifinais e xa o domingo, 11 de xullo, disputaranse as finais.
O club de remo de Ares participará nas seguintes probas:
Alevín Masculino    (4x): Jonathan Aguilar, Alejandro Permuy, Yosua e Carlos Piñeiro
Infantil Feminino     (2x): Cristina Reborido e Nerea Vázquez
Infantil Feminino     (1x): Aida Prieto.
Infantil Masculino    (2x): Julián Sixto e Bran Rodríguez
Infantil Masculino    (1x). Iván Romero
Cadete Feminino     (2x): Aida Carro e Sheila Fernández
Cadete Feminino     (2-): Nicole Maroño e María Saavedra
Cadete Feminino     (1x): Sara Freire
Cadete Feminino     (4x): Aida, Sheila, Nicole e María
Cadete Masculino    (2x): Daniel Vázquez e Juan Sixto
Cadete Masculno     (2-): Abraham Vázquez e Adán Prados
Cadete Masculino    (1x): Miguel Piñeiro

Unha ampla expedición que sae coa ilusión de conseguir algunha medalla, obxectivo que xa de por si é moi difícil de conseguir e por riba, van ter que superar unhas temperaturas altísimas que, sen dúbida, afectarán no seu rendemento.

  
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.