TORNEOS FÚTBOL PRAIA. ARES 2010
CATRO EQUIPOS INSCRITOS EN ALEVÍNS.
Mobles Narón, Lar de Picas, Barallobre e Ajax xa comprometeron a súa participación na categoría alevín.
Ares, 6 de xullo de 2010
Mentres a categoría alevín está a piques de completar os seis equipos, en infantís só está inscrito o equipo Borllanto. Lembramos que nestas dúas categorías a inscrición é gratuita e que haberá premios para todos os participantes, así como trofeos para os primeiros clasificados.
Estes torneos organizados polo Lar de Picas e o Numancia, en colaboración co concello de Ares, comezarán o luns 19 de xullo e rematarán o sábado, 24 de xullo. Os partidos xogaranse entre as 18.00 e as 21.00 h. na praia de Ares.
< Anterior | Seguinte > |
---|