Inicio Outros Deportes CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA.
 
 

CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA.

SDR Numancia de Ares. Outros deportes. Chave 2010.13ª E 14ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE.

EMPATAN OS EQUIPOS DÁ PRIMEIRA CATEGORÍA E CAEN DERROTADOS OS DA SEGUNDA. 



Ares, 19 de maio de 2010.

1ª CATEGORIA.

13ª xornada.
A pasada semana a Lar de Picas B disputou os encontros correspondentes ás xornadas 13ª e 14ª acadando dous empates. Chegado o ecuador da competición parece que aos de Ares acábaselles a gasolina, posto que nas catro ultimas xornadas, é o terceiro empate consecutivo xunto a unha derrota ante o líder. Aínda que os aresáns ocupan actualmente a segunda posición da táboa, a sangría de puntos que se deixaron estas últimas xornadas afástaos cada vez máis do primeiro posto onde O Pazo está intratable.

CPS SAN VALENTÍN, 2 – LAR DE PICAS B, 2.
Neste encontro os aresanos fixéronse con dous puntos aínda que non convenceron. Na primeira partida impuxéronse aos feneses pola mínima (31 - 32) e na segunda víronse superados polo maior acerto dos locais que acadaron un parcial de (42 - 34). Na primeira partida polo conxunto de Fene tiraron Ricardo (14 chaves), Pepolo (9) e Carlos (8), mentres que polos aresáns fixérono Tino (13), Fran (10) e Javier (9). Na segunda partida Ricardo (16), Pepolo (14) e Carlos (12). Polo Picas Bastida (13), Fran (12) e Tino (9).

14ª xornada.

 

MESÓN O CAMPO, 2 – LAR DE PICAS B, 2.
Do mesmo xeito que na xornada anterior, idéntico resultado para os de Ares que se impuxeron aos anfitrións pola mínima na primeira partida (45 - 46) mentres que na segunda víronse amplamente superados polo equipo local (45 - 35). Polo Mesón O Campo lanzaron Manolo (16 Chaves), Luciano (16) e Toni (13), mentres que polos de Ares fixérono Javier (17), Tino (15) e Bastida (14). Na segunda partida, Manolo (15 Chaves), Luciano (15) e Toni (15). Mentres que polo equipo aresán Bastida (13), Tino (12) e Javier (10).

O PAZO, 2 - CC OUTEIRO, 2.
Os de Chanteiro puxeron contra as cordas ao líder no seu feudo e arrincaron dous valiosos puntos que os manteñen na loita polos postos de cabeza. Actualmente ocupan a sexta praza, pero hai que ter en conta que dende o segundo posto, ocupado polo Lar de Picas B, ata o sexto están todos nun pano posto que a diferenza só é de tres puntos.
Na primeira partida impuxéronse os do Outeiro por un parcial de 41 - 38, mentres que a segunda anotáronlla os de Franza por 47 - 44. Polos locais na primeira partida tiraron, Juanolo (16 chaves), Mario (11) e Lino (11) e polos de Ares, Chao (17), José (13) e Juan (11). Na segunda partida polo equipo de Franza lanzaron Lino (17 chaves), Juanolo (15) e Paco (15) e os de Chanteiro repetiron equipo, Chao (16), Juan (15) e José (13).

2ª CATEGORIA.

13ª xornada.

AV SAN PABLO, 4 - CLUB DE TENIS, 0.
Máis dos mesmo, nova xornada e nova derrota dos de Redes. Nesta ocasión foi a AV San Pablo a que impactou na liña de flotación dos redenos para afundilos aínda máis. Na primeira partida os do Tenis recibiron un duro correctivo ao imporse os locais por un contundente 41 - 20. A segunda partida estivo algo máis igualada, e non precisamente polo acerto visitante, senón máis ben, polo desacerto local posto que o resultado final rematou nun 25 - 21.
Os lanzadores polo equipo local na primeira partida foron, Fernando (17 Chaves), Carlos (12) e Javi (12). Polos redeños Emi (9), Manel (9) e Víctor (2). Na segunda partida Fernando (10), Javi (8) e Carlos (7). E polo tenis Manel (9), Emi (8) e Víctor (4).

KAFETA, 0 - FUMAZO A, 4.
Severo correctivo o que sufriu a Kafeta por parte do conxunto nedense que se impuxo con solvencia fronte aos aresáns. Esta derrota propicia que o conxunto de Ares cambaléese na corda frouxa da parte baixa da táboa na que ata seis equipos móvense nunha marxe de tres puntos. En ambas partidas os locais víronse amplamente superados por un parcial de 20 - 37 na primeira e 13 - 33 na segunda. Por parte do conxunto aresano lanzaron Cho (9 chaves), Maniños (8) e Romero (3), mentres que polo Fumazo A foron Carlos (15), Espiñeira (13) e Campechano (9). Na segunda partida Romero (5 chaves), Maniños (5) e Cho (3) e polos nedenses Espiñeira (13), Carlos (10) e Campechano (10).

PROXIMA XORNADA

Para a próxima xornada estes son os emparellamentos:

1ª CATEGORIA (15ª xornada).
Lar de Picas B - Taberna O Feal.
CC Outeiro - CPS San Valentín.

2ª CATEGORIA (14ª xornada).
Club de Tenis - A Cuva do Pazo.
Kafeta (Descansa)

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.