CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA.

SDR Numancia de Ares. Outros deportes. Chave 2010.12ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE.


A IGUALDADE ENTRE OS EQUIPOS FOI A TONICA NOS ENCONTROS DESTA SEMANA. 

 

Ares, 11 de maio de 2010. 


1ª CATEGORIA.

LAR DE PICAS B, 0 - O PAZO, 4.
Encontro rifado entre o primeiro e terceiro clasificado e no que os aresáns plantáronlle cara ao líder en todo momento, pero finalmente os de Franza leváronse os catro puntos. Catro puntos que lle permiten a O Pazo comezar a tomar vantaxe na clasificación, ao verse favorecido tamén pola derrota do LS Limodre, segundo da táboa.
Os de Ares caeron derrotados en ámbalas duas partidas por un parcial de 35 - 37 na primeira e 34 - 37 na segunda. Polo conxunto aresán na primeira partida tiraron Bastida (13 chaves), Javier (11) e Tino (11). Mentres que polo Pazo fixérono Juanolo (15 chaves), Mario (11), e Pachicho (11). Na segunda partida polos de Ares tiraron, Bastida (14 chaves), Tino (13) e Javier (7). E polo conxunto de Franza, Juanolo (14), Lino (13) e Pachino (10).

CC OUTEIRO, 2 - LÚA NOVA, 2.
Encontro tamén moi rifado no que se enfrenaron o equipo de Chanteiro e o Lúa Nova e no que ambos conxuntos levaronse  unha partida ao imporse ao seu rival pola mínima. A primeira partida adxudicáronsea os do Lúa Nova ao imporse a equipo local por 34 - 33, mentres que na segunda partida serían os de Chanteiro os que a gañaron por un parcial de 37 - 35. Na primeira partida polo equipo de Chanteiro tiraron, Juan (14 chaves), José (11) e Chao (8) e polo Lúa Nova, Fran (15), Perea (8) e León (8). Na segunda partida por ambos conxuntos tiraron os mesmos lanzadores, conseguindo as seguintes chaves, Chao (15), Juan (13) e José (9) polo equipo local, e León (13), Fran (12) e Perea (10) polos visitantes.

NÁUTICO CARANZA, 3 - CC OUTEIRO, 1.
En encontro adiantado, correspondente á 13ª xornada, o CC Outeiro enfrontouse ao Náutico Caranza en feudo ferrolán, e do mesmo xeito que lle sucedeu á o Lar de Picas a semana pasada, os de Ares tamén vironse sorprendidos polos da cidade departamental e só foron capaces de arrebatarlles un punto.
Na primeira partida os ferroláns conseguiron imporse por un tenteo de 34 - 32, e na segunda empataron a número de chaves, 33 para cada equipo. Na primeira partida polo conxunto ferrolán tiraron, Niebla (17 chaves), Daniel (11) e Pepe (6); e polo conxunto aresán, Juan (12), Chao (11) e José (9). Na segunda partida repetiron os mesmos tiradores que conseguiron as seguintes chaves individuais, Niebla (15), Daniel (10), Pepe (8) polos departamentais. E Chao (13), Juan (12) e José (8) para os de Chanteiro.

2ª CATEGORIA.

Os de Redes continúan sen levantar cabeza. A pasada semana disputaron dous encontros, o xoves enfrontáronse ao Fumazo A, en partida aprazada correspondente á 11ª xornada, e o venres á Kafeta, nun duelo de rivalidade local. En ambos enfrontamentos os redeños caeron derrotados, polo que semana a semana, afúndense cada vez máis na clasificación.

CLUB DE TENIS, 0 - FUMAZO A, 4.
No encontro disputado o xoves fronte ao Fumazo A, os de Redes sufriron un duro correctivo, posto que é ambas partidas foron derrotados con contundencia por un parcial de 15 - 29 na primeira partida e 17 - 34 na segunda.
Na primeira partida os lanzadores de Redes foron, Víctor (6 chaves), Manel (5) e Chemi (4). Mentres que polo equipo de Neda lanzaron, Espiñeira (11), Carlos (9) e Campechano (9). Na segunda partida repetiron os mesmos lanzadores, Chemi (7), Manel (6) e Víctor (4) polos redeños. E polos nedenses, Campechano (13), Carlos (11) e Espiñeira (10).

CLUB DE TENIS, 0 - KAFETA, 4.
O venres, os de Redes medíronse co outro conxunto de Ares, a Kafeta, nun duelo de rivalidade local e no que a conquista dos catro puntos era importantísima para ambos equipos co obxetivo de poder afastarse da parte baixa da táboa. O encontro estivo moi disputado, especialmente a segunda partida, pero finamente os aresáns alzáronse coa vitoria, o que afunde aínda máis aos de Redes. Os parciais das partidas foron 25 - 28 na primeira e 20 - 21 na segunda.
Na primeira partida os lanzadores do Club de Tenis foron, Víctor (11 chaves), Manel (9) e Chemi (5), e pola Kafeta, Maniños (12), Romero (8) e Cho (8). Na segunda partida o conxunto de Redes formárono, Manel (9 chaves), Víctor (8) e Capu (3) mentres que os de Ares repetiron lanzadores, Cho (8), Maniños (7) e Romero (6).

PROXIMA XORNADA (13ª)

Para a próxima xornada estos son os emparellamentos:

1ª CATEGORIA.
CPS San Valentín – Lar de Picas B.
CC Outeiro (xa disputou esta xornada).

2ª CATEGORIA.
AV San Pablo – Club de Tenis.
Kafeta – Fumazo A.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.