ENTRE DUAS RIAS 2010.
ENTRE DUAS RIAS "EDR 2010" 12 E 13 DE XUÑO.
Os Concellos de Ares e Mugardos xunto coa Asociación Recreativa Bimares e o Club Ciclista Ferrol organizan unha nova edición do EDR 2010.
Este ano os organizadores ofrecen tres actividades diferentes relacionadas co mundo do BTT que terán lugar durante os vindeiros 12 e 13 de Xuño.
O sábado 12, a partir das 09:00 e tendo como punto de encontro o histórico Mosteiro de Santa Catalina-Montefaro en Ares poderás participar no que a organización decideu chamar “BAIXAMOS MONTEFARO”. Unha proba que, sen lugar a dúbidas, sorprenderá os amantes das baixadas rápidas.
O mesmo día, a partir das 16:00 dende o Pavillón Polideportivo de Mugardos emprenderase a “I EDR FEMININA”, unha magnífica rota de BTT pensada para todas aquelas rapazas e mulleres iniciadas neste deporte. A rota percorrerá os concellos de Ares e Mugardos, sumando un total de 30 quilómetros de dificultade moderada. Aínda que o seu trazado está pensado para o cicloturismo feminino, tamén está aberta a participación masculina.
O domingo 13, as 09:00 e dende o Pavillón Polideportivo de Ares, darase o pistoletazo de saída a unha nova edición da xa consolidada “EDR”. A rota de dificultade medio-alta terá un percorrido de 51 quilómetros de puro BTT.
Para calquera das probas, non hai límite de prazas. E a idade mínima de participación son 15 anos cumpridos no ano en curso.
Todas as probas contarán con avituallamento sólido e líquido, coche escoba, mecánico, asistencia médica, seguridade en rota, lavado de bicis e pinchada final. Do mesmo xeito, haberá agasallos, sorteos e trofeos varios.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Podes atopar mais información e os formulários de inscrición nas webs:
http://www.clubciclistaferrol.es
Tamén é posible inscribirse enviando un correo electrónico a:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Para calquera dúbida e/ou aclaración dispos do teléfono: 646 413 548
COTAS
As cotas de inscrición son as seguintes:
- Baixamos Montefaro, 10€.
- I EDR Feminina, 10€.
- EDR 2010, 12€.
Non federados 8€ a maiores para o seguro.
Federados presentarán licenza federativa en vigor.
Os acompañantes que desexen participar da pinchada terán de aboar:
- 8€ para a pinchada de "Baixamos Montefaro" ou da "I EDR Feminina".
- 10€ para a pinchada da "EDR 2010".
Os ingresos realizaranse na seguinte conta de Caixa Galicia nº: 2091-0211-27-3000065434
< Anterior | Seguinte > |
---|