Inicio Outros Deportes CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA
 
 

CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

SDR Numancia de Ares. Outros Deportes. Chave 2010.11ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE.

SEMANA POUCO FRUCTUOSA PARA OS EQUIPOS DE ARES. 

 

Ares, 4 de maio de 2010.

1ª CATEGORIA.

NAUTICO CARANZA, 2 – LAR DE PICAS B, 2.
Picada dos aresáns  nun encontro no que a priori partían como claros favoritos. Os de Ares enfrontábanse ao faroliño vermello da clasificación, ao que non foron quen de dobregar, non podendo pasar do empate no feudo ferrolán. Ao final repartición de puntos en dúas axustadísimas partidas nas que amboslos dous conxuntos impuxéronse pola mínima.
Aínda así o empate permítelle ao Lar de Picas manterse na terceira posición, catro puntos por baixo da cabeza e a tres da segunda praza, favorecido polo empate do outro conxunto de Ares, O Outeiro, fronte ao segundo clasificado. Na vindeira xornada nova proba de lume para o Lar de Picas en Ares onde reciben a O Pazo, lider da clasificación. E onde os locais terán que dar o do de peito.
A primeira partida gañárona os de Ares por 32 - 33, mentres que na segunda impuxéronse os locais devolvendolle o mesmo tenteo 33 - 32. Polo conxunto ferrolán na primeira partida tiraron Niebla (14 chaves), Daniel (10) e Ernesto (8), mentres que polos aresáns lanzaron, Fran (13), Bastida (12) e Javier (8). Na segunda partida polo Náutico tiraron os mesmos chavistas, Niebla (13), Daniel (12) e Ernesto (8), mentres que o equipo aresano trocou un dos seus tiradores que fixeron as seguintes chaves individuais, Tino (12), Bastida (12) e Fran (8).

LS LIMODRE, 2 - CC OUTEIRO, 2.
Valioso empate o colleitado polos de Chanteiro que a piques estiveron de sorprender aos de Limodre. Os dous puntos permítenlle aos aresás manterse na cuarta praza.
Na primeira partida os de Chanteiro superaron por unha ampla marxe de chaves ao equipo local ao imporse por un contundente 25 - 40. Na segunda partida a Chao desaxustóuselle o punto de mira e os de Limodre puxéronse as pilas para levar esta tirada por un parcial de 38 - 32.
Na primeira partida polo Limodre tiraron: Juan (12 chaves), Luís (8) e Paco (5). E polo Outeiro, Chao (18), José (15) e Juan (7). Na segunda partida repetiron os mesmos tiradores, polo Limodre, Juan (17 chaves), Luís (11) e Paco (10) e polo Outeiro José (13), Chao (12) e Juan (7).

2ª CATEGORIA.

CLUB DE TENIS, ¿? FUMAZO A, ¿?.
Encontro aprazado.

EMIGRANTE C, 4 - KAFETA, 0.
Vitoria dos de Limodre por ampla marxe fronte os aresáns, o que os relega á parte baixa da táboa, ao non verse favorecidos polos resultados do resto de equipos en pugna por eludir o descenso. Na primeira partida os do Emigrante impuxéronse por un tenteo de 37 - 20, onde os tiradores locais foron, Fran Paz (15 chaves), Kike (15) e Kike (Redes) (7), mentres que polo conxunto aresán tiraron Maniños (10 chaves), Cho (5) e Romero (5). Na segunda partida volvéronse a impor os de Limodre por 31 - 22, sendo os tiradores locais Fran Paz (11 chaves), Kike (11) e Abe (9) e os visitantes, Cho (9), Romero (8) e Maniños (5).
Na próxima xornada, duelo de rivalidade local, os aresáns desprazaranse a Redes onde se enfrontarán ao Club de Tenis, nun encontro onde ambolos dous  conxuntos están moi necesitados de puntos.

PROXIMA XORNADA (12ª)

Para a próxima xornada estos son os emparellamentos:

1ª CATEGORIA.
Lar de Picas B – O Pazo.
CC Outeiro – Lua Nova.

2ª CATEGORIA.
Club de Tenis – Kafeta.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.