Inicio Outros Deportes CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA
 
 

CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

SDR Numancia de Ares. Outros Deportes. Chave 2010.10ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE.

SÓ OS EQUIPOS DA PRIMEIRA CATEGORÍA DISPUTARON OS SEUS ENCONTROS NESTA XORNADA.


Ares, 27 de abril de 2010.

1ª CATEGORIA.

LAR DE PICAS B, 4 - LUA NOVA 0.
Nova vitoria do Lar de Picas que os achega aos postos de cabeza. Actualmente os aresáns ocupan a terceira praza con 27 puntos, os mesmos que o segundo clasificado e un punto por baixo do primeiro, o LS Limodre, que nesta xornada caeu derrotado ante a AVV Serantes. Hai que destacar que nesta apertada clasificación os de Ares teñen pendente de disputar a segunda xornada diante da Taberna O Feal.
No encontro disputado esta mesma tarde os aresáns impuxéronse a Lua Nova por un parcial de 35 - 30 na primeira partida e 46 - 32 na segunda. En ambas partidas os chavista foron os mesmos por cada un dos equipos. Na primeira partida por parte do Lar de Picas tiraron: Bastida (13 chaves), Fran (12) e Tino (10). Mentres que polo Lua Nova foron, Fran (12), León (11) e Perea (7). Na segunda polo equipo local, Tino (17), Fran (17) e Bastida (12), mentres que polos visitantes, León (13), Fran (11) e Perea (8).
A próxima xornada os aresáns desprázanse a Ferrol onde se enfrontaran ao Náutico de Caranza, faroliño vermello dá clasificación.

CC OUTEIRO, 4 - FUMAZO, 0.
Malleira “deportiva” a que lle deron os de Chanteiro ao equipo do Fumazo, o que lles permite ascender un posto na táboa, e empolicarse ata a cuarta praza.
En ambas partidas os de Chanteiro impuxéronse con contundencia ao seu rival por un tenteo de 42 - 28 e 41 - 27. Na primeira partida os chavistas locais foron, Chao (16 chaves), Juan (13) e José (13). Polo Fumazo, Antonio (13), Juan (8) e Álvaro (7). Na segunda partida ámbolos dous equipos repetiron tiradores e estas foron as chaves individuais, polo Outeiro, Chao (15), José (15) e Juan (11). E polo Fumazo, Álvaro (13), Antonio (8) e Juan (6).
Na próxima xornada os de Chanteiro desprázanse a Limodre onde lles espera o primeiro clasificado o “LS Limodre” e onde a bo seguro os aresáns darano todo para arricar algún punto.

2ª CATEGORIA.

CLUB DE TENIS (Descansou).

KAFETA, ¿? - MESÓN O PONIENTE, ¿?
Encontro aprazado.

PROXIMA XORNADA (11ª)

Para a próxima xornada estes son os emparellamentos:

1ª CATEGORIA.
Náutico Caranza - Lar de Picas B
LS Limodre - CC Outeiro

2ª CATEGORIA.
Club de Tenis - Fumazo A
Emigrante C - Kafeta

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.