Inicio Outros Deportes CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA
 
 

CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

SDR Numancia de Ares. Outros Deportes. Chave 2010.8ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE.
SORTE DISPAR PARA OS EQUIPOS LOCAIS. PLENO NA 1ª CATEGORÍA E PINCHAZO NA 2ª.

 


1ª CATEGORIA.
Os dous equipos de Ares militantes nesta categoría pasaron apuros na primeira partida para imporse aos seus rivais, ainda que finalmente fixeronse cos catro puntos.

LAR DE PICAS B, 4 - FUMAZO, 0.
Por unha soa chave de diferenza o Lar de Picas B conseguiu os dous puntos da primeira partida ao imporse ao seu adversario por un axustadísimo 35 - 34. Nesta partida os chavistas aresáns foron: Bastida (15 chaves), Tino (11) e Fran (9). Mentres que polo Fumazo tiraron: Antonio (14), Juan (11) e Álvaro (9).
Na segunda partida os de Ares impuxéronse por un tanteo máis folgado de 32 - 26. Nesta tirada amboslos dos conxuntos cambiaron a un dos seus xogadores. Polo equipos de Ares tiraron: Tino (14 chaves), Bastida (9) e Javier (9). E polo Fumazo: Antonio (13), Miguel (7) e Juan (6).
Para a próxima xornada encontro importante para os aresáns en Limodre onde se enfrontan ao primeiro clasificado. Primeiro contra terceiro.

CC OUTEIRO, 4 - BAR XOMAR, 0.
Aos de Chanteiro, na primeira partida, sucedeulles o mesmo que aos de Ares, conseguindo arrebatarlle os dous puntos ao seu rival por unha marxe de dúas chaves. Esta primeira partida finalizou cun tanteo de 39 - 37. Os chavistas do equipo do Outeiro foron: Chao (16), José (12) e Juan (11) e os do Bar Xomar: Kiko (13), Domingo (12) e Sergio (12).
Na segunda partida os de Chanteiro impuxéronse por un claro tanteo de 38 - 30. Os chavistas de ambolos dos equipos nesta partida foron os mesmos que na primeira conseguindo as seguintes chaves individuais, polo Outeiro, José (14), Chao (13) e Juan (11). Mentres que polo equipo visitante, Domingo (11), Sergio (10) e Kiko (9).
Logo da oitava xornada disputada o conxunto de Chanteiro ocupa a sétima posición da táboa.

2ª CATEGORIA.
Non tiveron tanta sorte os equipos locais desta categoría o que os afunde na táboa clasificatoria.

CLUB DE TENIS, ¿? - MESON O PONIENTE, ¿?.
No dispoñemos da información detalladada deste encontro. Ainda que segundo nos informaron os compoñentes do equipo de Redes, eles gañaron unha das partidas e perderon a outra. Despois desta xornada o equipo da localidade aresá ocupa a decima posición da taboa.
Os do Tenis terán unha boa oportunidade o próximo fin de semana para reflotar, ou tocar fondo na clasificación, nun encontro de máxima rivalidade na parte baixa da táboa ao enfrontarse ao último clasificado.

KAFETA, 0 - EMIGRANTE MADALUM, 4.
Encontro complicado para os de Ares esta semana fronte ao segundo clasificado. Os de Limodre impuxéronse aos aresáns por un contunde 21 - 30 na primeira partida e 18 - 25 na segunda. En ambalas duas partidas os tiradores foron os mesmos por parte de ambos conxunto; conseguíndo as seguintes chaves individuais, primeira partida pola Kafeta: Maniños (11), Cho (6) e Romero (4). Polo Emigrante, Pablo (14), Javi (11) e Nacho (5). Na segunda partida polo equipo de Ares, Cho (9), Maniños (5) e Romero (4), mentres que polo equipo de Limodre, Javi (13), Pablo (7) e Nacho (5).
Logo da disputa desta xornada os de Ares ocupan a novena posición da táboa.

PROXIMA XORNADA (9ª)
Para a próxima xornada estes son os emparellamentos:

1ª CATEGORIA.
L.S. Limodre - Lar de Picas B.
Ambigú CPS - CC Outeiro.

2ª CATEGORIA.
Emigrante C - Club de Tenis.
Casa Tilocha - Kafeta.
 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.