BATEIS. TERRITORIAL NORTE

OS BATEIS DE ARES CLASIFÍCANSE PARA O CAMPIONATO GALEGO
Excelentes resultados conseguidos neste Territorial Norte disputado en Muros.

  

 

Muros, 11 de abril de 2010
Despois da suspensión da xornada do sábado, hoxe pola mañá disputáronse as regatas nas distintas categorías onde conseguirían a clasificación os catro bateis con mellores tempos. O campo de regatas muradán foi o escenario deste Territorial Norte, fase clasificatoria para o Campionato Galego que se disputará a vindeira fin de semana na Póboa do Caramiñal.
Ás once da mañá comezaba a regata das PROMESAS FEMININAS. Ares participaba cun batel formado por: Nicole (popel), María (2º popel), Aida (2º proel), Sheila (proel) e Bolita (patrón). Terminaron nunha brillante primeira posición confirmando a superioridade demostrada nas regatas da liguilla. As catro embarcacións clasificadas foron estas:
1ª: ARES (4.58)
2ª ESTEIRANA (5.09)
3ª CABANA (5.15)
4ª SAN FELIPE (5.17)
No campionato galego, os cruces quedan así:
Ares, San Felipe, Meira e Vilaxoán nunha tanda e Amegrobe, Robaleira, Esteirana e Cabana na outra.

SENIORS ABSOLUTAS
Sonia, Yudith, Sara e Laura, con Fran de patrón conseguiron un aceptable cuarto posto. Así quedou a clasificación:
1º CABO DE CRUZ (10.26)
2º CABANA (10.28)Club de Remo de Ares. Cambio de patrón (10-abril-2010)
3º PERILLO (10.44)
4º ARES (11.22)
Na Póboa saíran na tanda con Bueu e Náutico, xunto con Cabo.

INFANTIL MASCULINO
Enorme a progresión experimentado polos infantís aresáns, que regata a regata van mellorando dunha maneira extraordinaria. Iván, Julián, Jonathan e Bran, con Bolita de patrón, entraron de segundos a catro segundos de Cabo.
1º CABO (4.59)
2º ARES (5.03)
3º CABANA (5.14.44)
4º PERILLO (5.14.82)
A vindeira semana sairán na tanda con  A Cabana, Vilaxoán e Meira. Na outra tanda irán Cabo, Perillo, Chapela e Mecos.

CADETE MASCULINO
Unha regata máis, Rianxo entrou primeiro nunha disputa titánica cos aresáns. Dani, Abraham, Adán e Juan (esta vez de proel), con Bolita (patrón), bogaron ata a extenuación buscando unha vitoria que se lles resiste.
1º RIANXO (7.05)
2º ARES (7.06)
3º CABO (7.10)
 4º CABANA (7.18)
No campionato galego, Ares estará na tanda de Tirán, Chapela e Cabo, mentres que na outra tanda irán Rianxo, Cabana, Amegrobe e Vilaxoán.

XUVENIL MASCULINO
Por último, os xuvenís terminaron na terceira posición tras unha saída moi frouxa que os levou á ultima posición na primeira virada. Sergio, Mahía, Adrián e Iago máis Fran (patrón) lograron unha boa remontada.
1º CABANA (9.28)
2º CABO (9.38)Club de Remo de Ares. Cambio de remos (10-abril-2010)
3º ARES (9.42)
4º RIANXO (9.47)
Vilaxoán, Coruxo e Cabo completan con Ares unha das tandas do vindeiro sábado. Robaleira, Chapela, Caban e Rianxo disputarán a outra regata.

O sábado 17 (clasificatoria para o campionato galego) e o domingo 18 de abril (final campionato galego) saberemos que bateis aresáns se clasificarán para o campionato de España. Coñecemos o poderío dos bateis da Territorial Sur mais tamén sabemos que os remeiros e remeiras de Ares van acudir á Póboa sen complexos e con moitas ganas.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.