REMO. BANDEIRA DE BATEIS DE FERROL

A BANDEIRA FEMININA VEU PARA ARES
As rapazas gañaron a bandeira nesta regata celebrada onte en Ferrol.

Ares, 1 de abril de 2010
Xornada exitosa a vivida onte na enseada da Cabana. Comezaron as regatas cunha primeira participación dos alevíns que conseguiron unha brillante segunda posición.
Nas regatas das rapazas, Ares alcanzou unha destacada primeira posición na categoría promesas cun batel formado María Saavedra, Aida Carro, Nicole Maroño e Sheila Fernández. Nesta mesma proba, Ares B con Cristina Reborido, Nerea Vázquez, Aida Prieto e Sara Freire, quedou na quinta praza. As seniors con Sara, Yudith, Sonia e Laura, obtiveron a terceira posición. Ao final, o C.R. de Ares consegue esta II bandeira de Ferrol, na modalidade femenina.
A participación masculina pechou a súa participación con dous segundos postos en infantís e cadetes, mentres os xuvenís chegaron na terceira posición.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.