Inicio Outros Deportes CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA.
 
 

CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA.

S.D.R. Numancia de Ares. Outros Deportes. Chave 2010UNHA DE CAL E OUTRA DE AREA EN DOUS ENCONTROS DE MOITA TENSIÓN POLA INCERTEZA DO RESULTADO.

Nunha tarde asollada e de bo ambiente e camaradería o equipo do Club de Tenis de Redes disputou dous encontros aprazados correspondentes ás xornadas 4ª e 6ª da 2ª Categoría de Chave. 

 Redes, 1 de abril de 2010.
Os de Redes só foron capaces de gañar un dos dous choques e facerse con catro puntos que lles permiten abandonar a última posición da táboa clasificatoria. Aínda que a vitoria, logo de sete xornadas disputadas, non dá para moitas alegrías pois a clasificación nesta zona baixa está moi apretada.

CLUB DE TENIS, 0 - EMIGRANTE MADALUM, 4.

O primeiro encontro celebrouse ás 17:00 e a primeira partida foi moi intensa, pois o marcador estivo moi igualado e non se decidiu ata a última tirada. A falta dunha man, os dous equipos ían empatados a 21 chaves polo que as espadas estaban en todo o alto; ao final unha chave máis dos de Limodre na última tirada, decantou a partida no seu favor por un tanteo de 25 - 26.
Os chavistas do Club de Tenis nesta partida foron: Chemi (10 chaves), Manel (8) e Víctor (7). E polo Emigrante “A”: Javi (13), Pablo (10) e Colas (3).
A segunda partida foi moito máis aburrida e menos intensa, caracterizada polo pouco acerto dos chavistas. Soamente Pablo desmostrou máis eficacia e as súas catorce chaves foron determinantes na vitoria dos de Limodre por un tanteo de 14 - 24, o que lles permitiu adxudicarse os catro puntos.
Os chavistas do Club de Tenis foron: Manel (7 chaves), Capu (4) e Chemi (3). Mentres que o Emigrante “A” repetiu aliñación: Pablo (14), Javi (7) e Colas (3).

CLUB DE TENIS, 4 - EMIGRANTE “A”, 0.

O segundo encontro celebrouse ás 18:00 e nesta ocasión os do Tenis conseguiron levarse os catro puntos, aínda que na segunda partida sufriron ata o final.
Na primeira partida os do Redes que todavía non se habían enfriado e tiñan a maquinaria quente, ainda que co punto de mira algo desafinado, a teor do mal papel do encontro anterior, quixeron resarcirse e impuxéronse claramente ao seu rival por un contundente 32 - 14.
O equipo do Club de Tenis formárono: Manel (12 chaves), Víctor (11) e Chemi (9) e polo Emigrante “A”: Alberto (6), Carlos (4) e Óscar (4).
Na segunda partida as cousas non foron tan sinxelas para os locais, os de Limodre non arroxaron a toalla e fixéronos sufrir ata o final. As tiradas estiveron moi igualadas durante toda a partida e chegouse á quinta cunha vantaxe de dúas chaves a favor do Tenis (18 - 16). Na sexta e definitiva tirada, e a falta dun chavista do Tenis por lanzar, os de Limodre gañaban por 20 - 21. Todo o peso da partida recaeu en Manel, que ao final resolveu con dúas chaves, para termiñar impóndose os de Redes aos visitantes por un tanteo de 22 - 21.
Nesta partida os do Tenis repetiron aliñación: Manel (8 chaves), Víctor (8) e Chemi (6). E polo Emigrante: Carlos (11), Juanma (6) e Alberto (4).


  Equipo de Chave do Club de Tenis de Redes. Víctor, Chemi, Capu e Manel. 01-abril-2010.CAPU, compoñente de Equipo de Chave do Club de Tenis de Redes. 01-abril-2010.

 

 

 

 

 

 

 

VÍCTOR, compoñente de Equipo de Chave do Club de Tenis de Redes. 01-abril-2010.

 MANEL, compoñente de Equipo de Chave do Club de Tenis de Redes. 01-abril-2010. 

 

 

 

 

 

 

CHEMI, compoñente de Equipo de Chave do Club de Tenis de Redes. 01-abril-2010.

 

Encontro Club de Tenis de Redes - Emigrante "A". 01-abril-2010.

 

 

 

 

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.