CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

S.D.R. Numancia de Ares. Outros Deportes. Chave 20107ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE. 

 

1ª CATEGORIA.

AMBIGÚ CPS, 0 - LAR DE PICAS B, 4

QUINTA VITORIA DO LAR DE PICAS B NO QUE VAI DE CAMPIONATO.
Con esta vitoria o Lar de Picas B erguese ata a terceira posición dá táboa, cun encontro menos, pois quedalles por desputar a segunda xornada contra a Taberna O Feal. Os de Ares impuxeronse claramente nas dúas partidas a o seu rival por un tanteo de 37 - 44 na primeira e 32 - 42 na segunda.
Os chavistas do Ambigú CPS foron: José (31), Adrián (19), Riki (10) e Paco (9). E polo Lar de Picas B: Tino (29), Javier (29) e Fran (28).

O CC OUTEIRO, descansou nesta xornada.

2ª CATEGORIA.

CASA TILOCHA, 4 - CLUB DE TENIS, 0.

O CLUB DE TENIS TOCA FONDO NA CLASIFICACIÓN.
Os de Redes caeron derrotados ante os mugardeses nunha tarde na que tiveron o punto de mira pouco afinado, aínda que esta semana terán a oportunidade de recuperarse. Segundo informáronnos os xogadores, o vindeiro xoves van disputar dous encontros atrasados, contra o Emigrante A (xornada 4ª) e Emigrante Madalum (xornada 6ª). Manteremosvos informados a través desta WEB.
Polo que respecta ao encontro desta semana, este foi o resultado: primeira partida 26 - 16 e na segunda 22 - 15.
Pola Casa Tilocha os chavistas foron: Carlos (20), Kukin (14) e Julio (14), mentres que polo Club de Tenis nesta ocasión formaron o equipo: Manel (13), Chemi (11) e Carlos (7).

AS PINTEGAS, 3 - KAFETA, 1.

ENCONTRO MOI IGUALADO CON REPARTICIÓN DE PUNTOS NA PRIMEIRA PARTIDA.
Encontro moi rifado entre dous equipos que se atopan na parte media da táboa, e que ao final se decantou do lado dos de Perlío por unha vantaxe de tres chaves. Na primeira partida o resultado foi de empate a 28 chaves. Mentres que na segunda impuxéronse As Píntegas por un axustado 21 a 18.
Os chavista de As Pintegas foron: Pablo (19), Irra (16) e Kuba (14) e por parte da Kafeta foron: Pereira (26), Maniños (15), Fran (5) e Cho (0), na que non foi a súa mellor tarde.

PROXIMA XORNADA (8ª)

Para a próxima xornada estes son os emparellamentos:

1ª categoría.
Lar de Picas B - Fumazo.
CC Outeiro - Bar Xomar.

2ª categoría.
Club de Tenis - Mesón O Poniente.
Kafeta - Emigrante Madalum.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.