CHAVE. LIGA DE AMIGOS DA CHAVE DE FERROLTERRA

6ª XORNADA DO CAMPIONATO DE CHAVE. 

1ª CATEGORIA.

 LAR DE PICAS B, 2 - BAR XOMAR, 2.

REPARTO DE PUNTOS.

A primeira partida finalizou co resultado de 28 chaves do Lar de Picas B fronte ás 23 do Bar Xomar, dous puntos que prometían unha vitoria local. Mais non puido ser e os visitantes igualaron na segunda partida, onde obtiveron unha clara vantaxe de 29 chaves por só 22 dos aresáns.

Os chavistas do Lar de Picas B foron: Tino (22), Bastida (17), Javier (7) e Fran (4). E polo Bar Xomar: Sergio (20),  Domingo (19), Jacobo (8) e Kiko (5)

En definitiva, partido igualado con reparto final de puntos entre dous equipos que renderon por baixo das súas posibilidades.

A.VV SERANTES, 0 - CC OUTEIRO, 4.

Vitoria clara dos de Chanteiro que con estes catro puntos ascenden un posto na clasificación.

A primeira partida finalizou co resultado de 29 chaves da A VV Serantes fronte ás 33 do CC Outeiro. E na segunda tirada o global foi de 26 - 34 a favor dos de Chanteiro.

Os chavistas da A VV Serantes foron: Lolo (22), Juan (18), Senso (8) e Carlos (7). E os do CC Outeiro: Chao (28), Juan (24) e José (15)..

2ª CATEGORIA.

CLUB DE TENIS - EMIGRANTE MADALUM.

Os compoñentes do equipo do Club de Tenis informaronnos que este enfrontamento non se poido disputar o pasado sábado. Quedando aprazado para o mércores ou xoves desta semana (pendente confirmar). Manteremos informado.

KAFETA, 2 - EMIGRANTE A, 2.

Partida moi igualada con reparto final de puntos.

Na primeira partida caeron derrotados os aresáns por 23 chaves fronte ás 26 dos de Limodre. E na segunda, tamén moi igualada, adxudicárona a Kafeta co resultado de 27 chaves fronte ás 24 do Emigrante A.

Os chavista por parte da Kafeta foron: Maniños (22), Fran (17) e Cho (11). E polo Emigrante A: Carlos (22), Juanma (15), Alberto (7) e Manuel (6).

PROXIMA XORNADA

Estos son os emparellamentos:

1ª categoría.

Ambigú C.P.S - Lar de Picas B.

CC Outeiro (Descansa).

2ª categoría.

Casa Tilocha - Club de Tenis.

As Píntegas - Kafeta.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.