BATEIS

V BANDEIRA SANTIAGO SUR GALICIA
Este sábado, 6 de marzo, ás 16.00h., o club de remo de Ares comeza en Esteiro a súa participación na competición de bateis do 2010.


Ares, 3 de marzo de 2010
Xa temos, unha temporada máis, as regatas de bateis. Esteiro, Rianxo, Narón, Mugardos e Ares son algunhas das vilas nas que se disputarán estas competicións da Federación Galega de Remo, Territorial Norte.
O club de remo de Ares ten previsto participar nesta primeira regata de Esteiro cun total de  sete bateis, que estarán integrados polos seguintes remeiros e remeiras:
Categoría promesa femenino: Aida Prieto, Aida Carro, Sheyla Fernández, Nicole Maroño, Sara Freire, María Saavedra, Cristina Reborido e Nerea Vázquez. Entre elas formarán dous bateis.

 

Senior femenino absoluto: María Carretero Laura Núñez, Sara Saavedra, Judith Maroño e Sonia Rañales.

Infantil Masculino: Julián Sixto, Jonathan Aguilar, Bran Rodríguez, Iván Romero, Mario Portero e Carlos Piñeiro, con Alejandro Permuy de patrón.

Cadete Masculino: Adán Prados, Abraham Vázquez, Juan Sixto, Daniel Vázquez, Miguel Piñeiro e Fran Carretero.

Xuvenil masculino: Iago, Sergio, José Miguel e Adrián.

Tamén presentará un batel na categoría senior masculina, completando unha participación bastante numerosa nesta V bandeira organizada pola A.D. Esteirana de Remo.

Desde esta web intentaremos informar dos resultados destas regatas e outras actividades do club de remo aresán.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.