Inicio Outros Deportes TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 4ª XORNADA
 
 

TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 4ª XORNADA

DOBRE VITORIA DE BANKIA
Nesta cuarta xornada do torneo os equipos de Bankia gañaron claramente os seus partidos.


Ares, 19 de xullo de 2012
Categoría alevín:
LOS ESPAÑOLES, 3 – BANKIA, 10
Os rapaces de Los Españoles opuxeron más resistencia do que indica o resultado final,  principalmente nos dous primeiros tempos onde os resultados parciais foron de 1 – 2 e 1 – 3. No último tempo foi cando Bankia xogou máis cómodo e conseguiu cinco goles, aínda que o gol de Los Españoles conseguido tras unha espectacular chilena foi dos máis bonitos do torneo.

Alevines - Los Españoles Alevines - Bankia

CATEGORÍA INFANTIL (GRUPO B)

NARANJA MECÁNICA, 5 – BANKIA, 8
Nada máis comezar o partido Bankia anotou dous goles poñendo distancias por medio e o 1 – 4 final do primeiro tempo xa marcou o choque. Co 2 – 4 ao final do segundo tempo parecía que podía chegar unha reacción de Naranja Mecánica mais a incorporación de Aarón supuxo a clara superioridade de Bankia, que con este resultado consegue a primeira posición no grupo.

Infantiles - Naranja Mecánica  Infantiles - Bankia

UNA BANDA, 10 – MANIÑOS, 2

 Parciais: (2-1); (5-0); (3-1)
 
O primeiro tempo foi o máis disputado e comezou adiantándose o Maniños pero axiña igualaron os de Una Banda e acabaron facendo valer o seu maior físico deixando o marcador en 2 – 1.
O segundo tempo foi un monólogo de Una Banda que non deu opción ao Maniños, poñendo no marcador un  7 – 1.
No último tempo seguiu o dominio de Una Banda pero baixou algo a intensidade, mesmo o gol do Maniños foi obra dun remate en propia porta dun defensor do equipo de Una Banda. O resultado final reflicte claramente quen foi o dominador do encontro.

Infantiles - Una Banda Infantiles - Maniños

As clasificacións despois de dúas xornadas en cada grupo, quedan así:

  

CATEGORÍA ALEVÍN              

X G E P GF GC Ptos.
BANKIA 2 1 1 0 14 7 4
XUVENTUDE 2 1 1 0 11 5 4
LOS ESPAÑOLES 2 0 0 2 4 17 0
               
               
CATEGORÍA INFANTIL            
(GRUPO A)              
  X G E P GF GC Ptos.
FANTOCHES 2 2 0 0 9 3 6
COCA JUNIORS 2 1 0 1 10 10 3
THE LIONS 2 1 0 1 8 9 3
BLUE SENSE 2 0 0 2 2 7 0
               
(GRUPO B)              

X G E P GF GC Ptos.
BANKIA 2 2 0 0 19 8 6
NARANJA MECÁNICA 2 1 0 1 8 10 3
A BANDA 2 1 0 1 12 5 3
MANIÑOS 2 0 0 2 5 21 0


A quinta xornada do torneo dispútase este venres, 20 de xullo con estes horarios:
18.30 (AL):  Los Españoles - Xuventude
19.15 (INF A): The Lions - Fantoches
20.00 (INF A): Coca Juniors - Blue Sense

Última xornada da primeira fase no grupo A de infantís cun partido decisivo entre Lhe Lions e Fantoches.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.