TORNEO FÚTBOL-PRAIA. 2ª XORNADA
ÉPICA REMONTADA DE NARANJA MECÁNICA
Segunda xornada do Torneo de Fútbol Praia Concello de Ares 2012 de novo con tempo soleado e caloroso. Entraron en competición neste martes de xullo os conxuntos do grupo B na categoría infantil, disputándose os seguintes partidos:
Ares, 17 de xullo de 2012
CAT. INFANTIL: (GRUPO B)
NARANJA MECÁNICA, 3 - UNA BANDA, 2
NARANJA MECÁNICA: Carlos, Rolo, Moi, Sergio, Pablo, Emi, Fredo, Josiño e Óscar.
UNA BANDA: Joel, Mario, Muri, Brais, Pocho, Roni, Adri e Toni.
Árbitro: Genete
Intenso e disputado partido para abrir boca. O conxunto de Una Banda, xogadores do Cidade de Narón de fútbol sala e de diversos equipos de fútbol campo colocábanse cun 0-2 no marcador. Para ser a primeira vez que xogaban este Torneo estaban a facelo dunha maneira moi competitiva. O equipo de Naranja Mecánica con xogadores do Numancia e Racing de Ferrol máis experimentados no Fútbol Praia conseguiron remontar de forma épica o encontro nos últimos minutos para levarse a vitoria definitiva.
BANKIA, 11 – MANIÑOS, 3
BANKIA: Ian Pikas, Lemos, Miguel, Migui, Gonzalo, Fran, Aaron, Antón e Niko.
MANIÑOS: Ferreiro, Agustín, Borja, Abraham, Berto, Alexis, Samu, Geoffrey, Rubén e Pablo.
Árbitro: Jorge
Este segundo e último partido da tarde tivo pouca historia. Superioridade clara e absoluta do Bankia que conta nas súas filas con xogadores do Numancia, Racing e Galicia de Caranza. Venceron con comodidade a un voluntarioso equipo do Maniños; uns rapaces xa clásicos nestes Torneos ben co nome de "Los Verdes" ou de Maniños como nesta ocasión que xogan sempre con limpeza e deportividade independentemente do resultado. Moito ánimo e sorte para eles nos seguintes partidos.
Na categoría infantil, disputouse entre o luns e o martes a primeira xornada nos dous grupos e así están as clasificacións polo momento:
INFANTÍS. GRUPO A
X G E P GF GC Ptos.
FANTOCHES 1 1 0 0 4 0 3
COCA JUNIORS 1 1 0 0 7 5 3
THE LIONS 1 0 0 1 5 7 0
BLUE SENSE 1 0 0 1 0 4 0
INFANTÍS. GRUPO B
X G E P GF GC Ptos.
BANKIA 1 1 0 0 11 3 3
NARANJA MECÁNICA 1 1 0 0 3 2 3
A BANDA 1 0 0 1 2 3 0
MANIÑOS 1 0 0 1 3 11 0
Na categoría alevín cun partido disputado esta e a clasificación provisional:
X G E P GF GC Ptos.
XUVENTUDE 1 1 0 0 7 1 3
LOS ESPAÑOLES 1 0 0 1 1 7 0
BANKIA 0 0 0 0 0 0 0
Para a xornada deste mércores temos de novo 3 partidos. 1 partido de alevín e 2 partidos da 2ª xornada do grupo A na categoría infantil. Este é o calendario para hoxe mércores:
Mércores, 18 de xullo:
18.30 (AL): Xuventude – Bankia
19.15 (INF A): The Lions - Blue Sense
20.00 (INF A): Coca Juniors – Fantoches
Moi bos partidos para hoxe mércores. Derbi aresán en alevíns e dous partidos en infantís onde comezarán a decidirse o pase as semifinais do Torneo. Agardámosvos a tod@s esta tarde na Praia de Ares para vivir unha nova xornada do Torneo de Fútbol Praia Concello de Ares 2011- 2012. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
< Anterior | Seguinte > |
---|