Inicio Outros Deportes Torneo Fútbol Sala Cervás 2012
 
 

Torneo Fútbol Sala Cervás 2012

Aberto o prazo de inscrición

A edición do ano 2012 do Torneo de Fútbol Sala de Verán que organiza o Centro Instructivo Recreativo y Social de Cervás (C.I.R.S.)  disputarase dende o 15 de xuño ata o 11 de agosto. Xa está aberto o plazo de inscrición para o torneo.

 

 

O torneo disputarase coma en edicións anteriores os venres dende as 20:30 horas e os sábados dende as 20:00 horas. O número máximo de participantes será de 12 equipos repartidos en dous grupos de 6. A primeira fase do torneo será en formato de liguiña a volta única clasificándose para cuartos de final os 4 primeiros de cada grupo. A segunda fase será en formato de eliminatoria a partido único con roldas de cuartos, semifinal e final.

A inscripción ten un precio de 90 € por equipo e rematará media hora antes do sorteo de grupos ou cando se cubra o cupo máximo de equipos. A formalización da inscripción pode facerse no Local Social do C.I.R.S. ou mediante o formulario de 

contacto

da web do torneo indicando:

  • Nome do equipo, 
  • Cores da equipación, 
  • Teléfono e mail de contacto,
  • Nome do responsable
  • Localidade á que pertence.

O sorteo dos grupos celebrarase o día 10 de xuño á 13:30 no local social do C.I.R.S en Cervás e deberán de estar presentes os representantes dos equipos participantes.

fonte:fscervas.deraes.es

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.