Fútbol Praia Ares 2011. Finais.

ADR Numancia de Ares. Torneo Fútbol Praia ARES 2011. Semifinais alevíns.Rematou o torneo.
Chegou ó seu fin o Torneo de Fútbol Praia Ares 2011, organizado polo Lar de Picas coa colaboración do Concello de Ares e a A.D.R. Numancia de Ares.
Na tarde do venres disputáronse as finais correspondentes a alevíns e infantís ante un bo número de espectadores que animaron ós rapaces en todo momento.

Final Alevín.

Bankia, 7 - Norways, 4.

O encontro estivo igualado no primeiro e segundo tempo inda que sempre se adiantou o Bankia para acadar o empate os do Norway ata en dúas ocasións. No derrradeiro tempo que se iniciu con vantaxe do Bankia por 3-2 desnivelouse o encontro cara os do Bankia que chegaron a poñerse 6-2 no marcador. Acurtaron vantaxe os do Norways 6-3, voltaron a collela os do Bankia 7-3, e sobre o pitido final acadaron o 7-4 definitivo.
Bo encontro, disputado e que finalizaou coa vitoria do Bankia que desta forma se adxudicou o trofeo de Campión.

 


Final Infantil

Perlío, 4 - Video Club Ares, 2

Na xogada inicial adiantaríase o Perlío e o primeiro tempo remataría con empate a un tanto e moita igualdade no campo e precaucións defensivas por ambos bandos. No segundo tempo adiantouse novamente o Perlío e rematou con igualdade no marcador novamente. As forzas seguian equilibradas e as ocasión repartíanse por ambos bandos. No terceiro tempo a falta de cambios nos de Ares fixo que estes acusaran o esforzo e os de Perlío aproveitaron para adiantarse no marcador ata o 4-2 final. Final disputada e igualada onde o factor físico decantou a balanza.



Ó remate da final de infantís entregáronse o trofeos ós participantes. No acto de entrega estiveron presentes: Picas como organizador, Xoan Vázquez en representación da A.D.R. Numancia e o concelleiro de deportes, José Juan Vilar, que fixo a entrega dos trofeos.
 

Cadro final do Torneo de Fútbol Praia de Ares 2011

     Campeón Alevín : Bankia
Subcampeón Alevín : Norways

     Campeón Infantil : Perlío  
Subcampeón Infantil : Video Club Ares.


Só queda felicitar e agradecer a todos os que fixeron posible este torneo en especial ós principales actores, os rapaces, e desexar que o próximo verán voltemos todos a disfrutar dunha nova edición de fútbol na praia.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.