FUTBOL PRAIA ARES 2011. SEMIFINAIS ALEVINS.

ADR Numancia de Ares. Torneo Fútbol Praia ARES 2011. Semifinais alevíns.COS ALEVINS REMATARON AS SEMIFINAIS DO TORNEO

Chegaban na xornada do xoves, penúltima do Torneo, as semifinais alevíns que non defraudaron a gran cantidade de público presente na Praia de Ares.


As 18:00 disputouse o primeiro envite

CASA ALONSO 6 – NORWAYS 6 (1 – 2 Pp) (AL)

Sen dúbida, o meior partido que vimos no Torneo nas dúas categorías. Golazos, alternativas no marcador, grandes xogadas, emoción, xogadas polémicas, tensión.... ¡¡¡un partidazo¡¡¡ Finalmente a lotería dos penaltis decidiu que o Norways sexa o finalista o venres ás 17:00. Felicitar o Casa Alonso que con xogadores de primeiro ano ofreceu un bo fútbol e fixo un enorme papel neste Torneo de Fútbol Praia Ares 2011.

As 18:45 xogouse a segunda semifinal:

 BANKIA 7 – VERDES 4

O Bankia impuso o seu xogo e a súa calidade dende o principio. Parecía que os Verdes querían reaccionar, pero finalmente será o Bankia o que se mida ó Norways na gran final. Gran papel de Os Verdes no Torneo, con bo xogo e moita humildade.

¡¡¡Xa temos todo o pescado vendido¡¡¡ Mañá venres chegan as dúas finais, en alevíns e infantís, en horarios tempraneiros como na xornada do mércores:

17:00 GRAN FINAL ALEVÍN

NORWAYS – BANKIA

17:45 GRAN FINAL INFANTIL

VIDEO CLUB ARES - PERLÍO

Posteriormente, sobre as 18:30 da tarde terá lugar a entrega de trofeos e agasallos. Trofeos para os dous primeiros clasificados e agasallos para ós parcipitantes por xentileza do Concello de Ares.

Para rematar, ás 19:00 todos os integrantes do Torneo poderán disfrutar dun amigable de xuvenís, Numancia – Eume en Prados Vellos.

¡¡¡Vémonos o venres para botar o peche do Torneo¡¡¡ ¡¡¡Non faltedes neste gran día¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.