Inicio Outros Deportes XX Milla Urbana de Ares.
 
 

XX Milla Urbana de Ares.

A.D.R. Numancia de Ares. XX Milla Urbana de Ares. Dende a Praza da Igrexa. Sábado 6 de agosto. A partir das 11 da mañá.

A Concellaría de Deportesde Ares, Begano a través da súa marca comercial Powerade, e a Federación Galega de Atletismo desenvolverán o vindeiro día 6 de agosto,a partir das 11 da mañá, a XX edición da Milla Urbana do Concello de Ares, unha proba deportiva de carreira a pé con saída dende a Praza da Igrexa.

 

Inscricións: As 24 h.,no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ., ou nas Alianzas Aresanas de luns a venres, de 10 a 14 h. O prazo remata o xoves día 4 de agosto, ás 20 horas. Non haberá inscripcións o mesmo día da proba.

Idades: Aberto, dende os 3 anos.

Premios: Trofeos @s 1º, medallas @s 2º e 3º. Dúas categorías: masculina e feminina. Ata prebenxamíns incluídos medallas a tod@s participantes. A partires de benxamíns haberá podium da proba.

 

A.D.R. Numancia de Ares. XX Milla Urbana de Ares. Nesta edición, por ser o seu 20 aniversario e grazas á colaboración de Begano, haberá moitas novidades, entre as que se poden destacar os máis de 40 m2 de zona de fisioterapia, podoloxía, adestradores persoais, especialistas en nutrición con camillas, máquinas de estudo da pisada, máquinas medidoras do índice de masa corporal, etc. Por dito motivo, na xornada do venres 5 de agosto, ás 12 do mediodía, adestradores persoais estarán na praza da Igrexa de Ares para que todas as persoas que queiran coñecer o percorrido, e mesmo preparalo, poidan durante hora e media facer unha sesión preparatoria da proba do seguinte día. Todos os servizos serán de balde e sen límite de idades.

Para esta sesión do venres será preciso apuntarse previamente na Alianza Aresana, pasando por alí en horario de 10 a 14 horas ata o xoves 4 de agosto, tamén no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao teléfono 981448057, en horario de 10 a 14 horas. Só é preciso deixar o nome e apelidos, así como indicar a idade. O Concello dispón de 50 prazas que serán cubertas por rigurosa orde de inscripción. Todas as persoas que participen na xornada do venres recibirán un agasallo.

máis información na web do Concello de Ares e na web da delegación de Ferrol da Federación Galega de Atletismo

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.