Inicio Outros Deportes FUTBOL PRAIA ARES 2011. REPESCA INFANTIL.
 
 

FUTBOL PRAIA ARES 2011. REPESCA INFANTIL.

S.D.R. Numancia de Ares. Fútbol Playa 2011. Resumen de la Primera Jornada.Repesca infantil. Primeiros eliminados.

Na xornada do luns, chegaron os momentos decisivos do Torneo. Disputáronse os partidos de repesca de infantís, onde dous equipos quedaron eliminados do Torneo.

 

As 18:00 disputouse o primeiro envite

PLAYARES, 8 -  PRADOS VELLOS, 7

Comezou forte o Prados Vellos, collendo unha vantaxe de ata 5 goles. Pero o Playares non se rendiu, e pouco a pouco foi achegandose no marcador. No último tempo do partido, moita emoción e loita. Finalmente, o Playares conseguía unha meritoria remontada, apeando do Torneo ós de Prados Vellos.

O Playares enfróntase o mércores AS SEIS MENOS CUARTO da tarde 1º clasificado do grupo B, ó Perlío, na segunda semifinal.

 


 

As 18:45 xogouse a segunda repesca:

VIDEO CLUB ARES, 14 - VERDES, 7

 

Dominio claro do Video Ares ante uns Verdes que puxeron moita ilusión neste torneo, que hoxe abandonan. O Video Ares enfróntase o mércores as CINCO da tarde o equipo de Los Polluelos, na primeira semifinal.


 

Na xornada do martes, chegan ás repescas de alevíns:

18:00 VERDES – CANTINA SKULL PÁDEL

18:45 LOS VALIENTES – NORWAYS

 

Contínua a emoción no Torneo de Fútbol Praia Ares 2011, non deixedes de pasar pola Praia de Ares.


 

NOTA: Cambio da hora habitual nas SEMIFINAIS INFANTÍS. Débido o interesante partido de Copa Deputación, EUME – CERCEDA o mércores as 19:00 no municipal de Prados Vellos en Ares, a organización do campionato de Fútbol Praia acordou adiantar ós horarios das semifinais de infantís. Ás 17:00 xogarase a primeira e ás 17:45 a segunda, para que todos os integrantes do Torneo de Fútbol Praia poidan desfrutar dun dos equipos punteiros da terceira de Galicia, o Cerceda, en Prados Vellos.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.