Inicio Outros Deportes FUTBOL PRAIA ARES 2011. 2ª Xornada
 
 

FUTBOL PRAIA ARES 2011. 2ª Xornada

S.D.R. Numancia de Ares. Fútbol Playa 2011. Resumen de la Primera Jornada.Moita emoción na praia. Resumo da 2ª Xornada.

Segunda xornada do Torneo de Fútbol Praia con gran ambiente, emoción e moitos goles.

 

 As 18:00 disputouse o primeiro  partido de alevíns.

VALIENTES, 5 - CASA ALONSO, 6

Partido moi equilibrado o que nos ofreceron estos dous xóvenes equipos. Finalmente, a sorte estivo do lado dos de Narón que se levaron a vitoria.


As 18:45 xogouse o segundo envite alevín.

NORWAYS, 10 - CANTINA SKULL PÁDEL, 2

Non tivo moita historia este partido, xa que os aresáns reforzados por algun foráneo non tiveron compasión do equipo benxamín do Torneo. Un Skull Padel que loita con ilusión cada balón, como se fose ó último.


Ás 19:30 chegaba un gran partido infantil:

VIDEO CLUB ARES, 5  - PERLÍO, 5

O Video Club Ares foi quen de remontar o 0-3 ó final do segundo tempo. No último periodo, seguiu a emoción nun partido no que calquera poido conseguir a vitoria, xa que os últimos goles chegaron no minuto final. Gran partido con emoción, goles e tensión deportiva. Os dous equipos deixaron patente a súa candidatura para levarse o Torneo.


Para a xornada do xoves 28 temos ós seguintes partidos:

18:00 VERDES – CASA ALONSO (AL)

18:45 VIDEO ARES – PRADOS VELLOS (INF)

19:30 PLAYARES - BARALLOBRE (INF)


Non faltedes este xoves a tradicional cita co Torneo de Fútbol Praia en Ares.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.