Inicio Opinión Protagonistas PROTAGONISTA DO PARTIDO: VICENTE
 
 

PROTAGONISTA DO PARTIDO: VICENTE

SDR NUMANCIA. PROTAGONISTA EN NEDA: VICENTE. OUTUBRO 2009UN BALUARTE EN NEDA

Neda, 2 - Numancia, 3

4 de outubro de 2009

Neste último partido en Neda un dos xogadores que destacaron foi Vicente, un rapaz con boas condicións físicas e técnicas que aínda non alcanzou a regularidade desexada por todos. En Neda, xa comezou a amosar do que pode ser capaz, mandando na área e facéndose dono dos balóns altos.

Coma protagonista do encontro, requerimos as súas opinións:

-Vicente Allegue. S.D.R. Numancia de Ares. Protagonista en el Rápido de Neda, 2 - Numancia de Ares, 3Como viches o partido?
- O partido foi moi dificil, creo que nós fomos un pouco superiores ata o minuto 10 da segunda parte que é cando expulsan a Bule, pero a partir de aì é cando máis me gustou o Numancia porque non parecía un equipo calquera senón que parecía unha gran familia varrendo toda contra o mesmo lado.
 - O Numancia está respondendo ás expectativas de pretemporada?
Creo que ainda non se veu nada ou case nada. Temos que pensar que a tempada é moi longa e de momento hai que ir pouco a pouco porque eu creo que este equipo vai dar grandes alegrias a toda a familia do Numancia.
- Que obxectivo cres que pode conseguir?
O obxetivo principal penso que é ser campións de liga pero para iso hai que seguir traballando moito e sobretodo como dixen antes é estar todos unidos, dende directiva, adestradores, xogadores e afeccionados.
- Persoalmente, como te encontras esta temporada?
Esta tempada de momento é a miña mellor época nos modestos. Encóntrome ben físicamente pero sobretodo síntome rodeado dun grupo de compañeiros espectaculares
- Sobre o próximo partido contra o Perlío, dános o teu pronóstico
Este partido vai ser moi complicado porque a nós o perigo máis grande que nos fan é nos pelotazos e o Perlio é o que ten, que saben xogar ese futbol e por aí son moi perigosos, pero creo que vamos a gañar.
Grazas polas túas opinións e sorte nesta temporada, a ver se consegues convertirte nun dos baluartes deste Numancia.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.