Inicio Opinión Protagonistas XUVENÍS: BALANCE DA PRIMEIRA FASE DE LIGA
 
 

XUVENÍS: BALANCE DA PRIMEIRA FASE DE LIGA

CHEMARI:  “TODOS XUNTOS”

Nubes e claros nunha primeira fase da liga xuvenil deixaron paso a unha clasificación para o primeiro grupo, onde nos esperan derbis moi interesantes fronte ao Perlío e Maniños.

Ares, 15 de novembro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Chemari EntrenadorDespois das valoracións de Carballeira e Juan Alberto, chegou o momento de coñecer a opinión de Chemari, míster dos xuvenís do Numancia, equipo clasificado na quinta posición, rexistrando cinco vitorias, un empate e tres derrotas. Esta é a valoración de Chemari:

“Todos xuntos” pode ser o lema despois do remate da primeira fase da tempada na categoría xuvenil. Despois de anos sen adestrar persoalmente quero agradecer ao Numancia a oportunidade de vivir unha nova experiencia no fútbol base, ofrecéndome todo tipo de axuda para realizar o traballo de monitor-adestrador. Contando o mando do equipo de apoios como Carte e Javi todo é máis fácil. Encontramos un grupo de rapaces con amizade e harmonía á par de competitivos. O noso primeiro pensamento era inculcarlles que, como conxunto, para conseguir calquera tipo de obxectivo faría falta compromiso mais esforzo. E responderon con creces, xa que os resultados conseguidos non son por sorte ou casualidade. Camiñamos para o primeiro grupo de Liga onde encontraremos o buscado: traballar nos adestramentos e competir nos encontros con ilusión por mellorar deportivamente e como ata agora, ou máis, para que a meta conseguida cando chegue nos faga sentir satisfeitos. Parte deste traballo será facerlles sentir aos rapaces que para disfrutar do fútbol terán que ser conscientes de que chegarán máis lonxe do que están, adestrando por interese colectivo, pensando que as ideas de xogo nos levarán á mellora do equipo. 

En canto aos resultados, daría un merecido aprobado nun sistema de competición inxusto. O grupo soubo adaptarse ás circunstancias e facer bos partidos a pesar das baixas e contratempos do camiño. Os propios partidos leváronnos a postos altos e clasificarnos polo título merecidamente, sendo inferiores nalgún partido onde aprendemos que outros equipos fan cousas boas. Fixemos probas tácticas para mellorar o funcionamento do equipo que nos levaron a sentirnos máis cómodos no desenvolvemento do xogo.

Tamén tivemos bos partidos nos que ser superiores ao rival gratificounos con vitorias, sempre traballando no campo.

Agora sabemos da dificultade do que viviremos, pero currando “todos xuntos” loitaremos coas nosas calidades polo posto máis alto posible.

A seguir con ilusión polo ben de cada un, polo do equipo e polo do club, por un Numancia do cal nos sentimos orgullosos e oxalá que tamén o Numancia se sinta orgulloso de nós.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.