AFECCIONADOS: VALORACIÓN DA PRIMEIRA FASE DA LIGA

MIGUEL CARBALLEIRA: "OBXECTIVO CUMPRIDO"

Clasificado o Numancia de afeccionados para o primeiro grupo ferrolán, o seu adestrador comenta e valora o acontecido durante estes tres primeiros meses de competición.

Ares, 7 de novembro de 2017.

ADR Numancia de Ares. Aficionados 2017-2018. Entrenador. Miguel Carballeira.O Numancia acadou a proposta inicial de pasar ao primeiro grupo da segunda rexional. Rematou a primeira volta da competición tendo que sortear "trampas, emboscadas e tránsitos de camiños tortuosos" que metaforicamente, o sistema de competición che presenta. Si, e certo, é para todos, pero que cada un ten que sufrir, sabendo que tes pouca marxe de erro; que son poucos partidos e pouco tempo para rectificar e que é sabido que todos se agarran a engancharse a eses primeiros seis postos que che outorgan seguir suxeito  a unha ilusión. Fóra desta tesitura, non conseguilo suporía problemas deportivos para todo o resto da tempada, de aí o valor de telo acadado, por certo con tempo suficiente para darlle un "plus" ó traballo feito.

A resaltar a implicación, o traballo e a dose de competitividade que os xogadores durante todo este tempo aportaron ó equipo. A valorar  a dificultade de conseguir sete vitorias consecutivas, algo nada doado, que catapultaron ó equipo os primeiros postos da clasificación. Véndose nestes termos, só desde dentro podemos ver e analizar, e así volo expoñemos, os duros e traballados partidos que tivemos, os apertados resultados que esixiron aos rapaces o mellor deles; os minutos de estar contra as cordas co resultado en Cariño, o bo facer do San Sadurniño, a dificultade que o Meirás ofreceu en Prados Vellos, as duras contendas co Cebarca e o Maniños  ...

Pasamos, clasificámonos incluso con éxito polo cedo e valorar xa digo o carácter competitivo dos rapaces. Continuamos adiante sabendo que o xogo debe e ten que mellorar (pero un pouco) e poñer en alerta ao noso viveiro de xogadores e á parroquia que nos rodea facéndolles ver que, ó noso pesar, temos problemas, como todos os equipos, sabémolo, pero problemas que nos doen a nós. Cristian, o noso porteiro, váisenos, tendo grande culpa da boa traxectoria do equipo, o número de fichaxes quizás quedou curto, os problemas para adestrar con tan poucos xogadores e caracteres futbolísticos varios que che fan ver que pode que para a segunda volta non chegue o que estamos facendo...

Ben, en liñas xerais José Antón e Carba están contentos. Contentos polo grupo humano, polos xogadores, porque cheguemos onde cheguemos sodes "cojon....", porque vemos que hai xente na directiva que se move moito por todo o club, polos adestradores da base que traballan arreo con máis dificultades incluso que nós, polos xuvenís que soben a botarnos unha man sen rechistar, porque Pepe directivo cóidanos (ahhh e dános de comer); porque Carlos quédase de momento só na portería e sorrí ante a responsabilidade; porque a Elias poñémolo de central e non di nada; porque temos a dous Escudeiros, Julio e Julio ah e tamén Juan, que se non é un,  é outro o que nos fai mellores (aínda que ide con Juan de vacacións a algún lado máis de dous días e contádesme); porque esperamos o mellor de Vicentón Tell e de Batman Oscar; porque queremos, Alberto, que non te rompas porque estas mellorando os teus rexistros e mira que o notamos (Pablo chamate Frans); do gran home que é Amenedo e de que volve  tren Maga; porque Tony presi ten a continuidade asegurada co eterno numantino Martín; porque Espi  voa co balón polas bandas (temporadón); porque o pequeno Pita é o máis bravo e ponnos fútbol o que quere, por iso é grande; porque Carliños volva que o necesitamos; porque o espírito libre de Xaquín pode liar un esquema táctico do rival; porque Chapu-gol volta e todos o temen; porque temos este ano a Esteban que nos dá veteranía, saber estar, exemplo e fútbol; porque Fran non volveu a Alemaña e ten batuta de orquestra no seu fútbol (poño isto porque mo dixo o seu irmán); porque cremos que non é necesario que Anxo logre o premio Nobel do que queira na universidade, porén o queremos e o respectamos así como o necesitamos e porque Iván, por favor, mete golllllllll, e se non o fas seguirás sendo ti tal como eres. AHHHH pero marcaaaaa.

Por todo isto SORTE.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.