DANI, CAPITÁN DO NUMANCIA CADETE

DANI: “SOUBEMOS XOGAR O PARTIDO ÁS MIL MARABILLAS”

O capitán soñado por calquera equipo, Dani reúne as condicións necesarias para representar aos seus compañeiros. Sempre modélico, primeiro e o máis importante coma persoa, e tamén como deportista. Comprometido, respectuoso,  ...

Ares, 5 de xuño de 2017.

... e un bo futbolista, xogador de equipo, traballador incansable e completo. Por todas estas razóns pareceunos que o capitán deste equipo tamén debía ofrecernos o comentario da final xogada este pasado sábado na que se proclamaron campións do Torneo AFACO. Aquí está:

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. Campones Copa Afaco. Dani

“Saímos ao partido moi concentrados e enchufados, e conseguimos adiantarnos no marcador.

Despois O Val conseguiu o empate pero logramos volver a adiantarnos. A raíz disto baixamos un pouco a intensidade debido ao desgaste físico que fixeramos ata o momento e o Val encadeou dous goles case seguidos, pero xusto no saque de centro do segundo gol, Jaime marcou un golazo de saque directo que falaramos no vestiario se o porteiro estaba adiantado. Creo que nesta primeira parte fomos superiores ao rival.

Na segunda metade, o partido foi bastante igualado pero conseguimos volver a tomar a iniciativa marcando un gol. Despois disto O Val tivo os seus mellores minutos e marcaron dous goles, pero nós xa na recta final do partido seguimos loitando e despois dun roubo de balón no noso propio campo e unha boa contra, Iván conseguiu o empate que levaría aos penaltis.

 

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2016-2017. Campones Copa Afaco. Dani

 

Nos penaltis, o Numancia non fallou ningún dos sete que tiramos e por último, o Val mandou un penalti por riba da rede, o que nos proclamou campións da Copa AFACO despois dun partidazo con moitos nervios pero que soubemos xogar ás mil marabillas”.

 

No seguinte enlace pódese ver unha galería coas fotos da final:

https://goo.gl/photos/7rQU9Tosoa1em7LAA

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.