Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia, 3 - G. Mugardos, 0
 
 

Infantís. Numancia, 3 - G. Mugardos, 0

S.D.R. Numancia de Ares. Trofeo Picas Infantiles 2010. Numancia, 3 - Galicia de Mugardos, 0 . Prados VellosO trofeo "Picas" de infantís quedou en Ares.
O Numancia adxudicouse o trofeo "Picas" de categoría infantil ao imporse por 3 tantos a 0 ao Galicia de Mugardos.

 

 Aliñacións:
Galicia de Mugardos: Alex Yáñez; Javier, Gabriel, Alex Fernández, Antón;  Joao Pedro, Dani Eiroa, Dani Rubianes, Martín, Jorge e Alexis. Tamén interviñeron: Carlos, Mario, Jose e Alex Otero.
Numancia de Ares: Agustín; Raúl, Martín, Alberto, José Manuel; Fran, Emilio, Carlos, Marcelo; Ángel e Sergio Rico. Tamén xogaron: Sergio Rodríguez, Andrés Novoa, Miguel, Brais, Óscar, José Miguel e Nico.

Árbitro: Manuel Bejarano Estepa.

Goles: Martín (2) e Nico.

Primeiro encontro de ambos os equipos esta tempada co trofeo "Picas" en xogo.
Dominou máis o conxunto local e no minuto 8 chega o primeiro tanto obra de Nico, que entrou en substitución do lesionado Ángel, ao aproveitar un balón posto en profundiade por Marcelo que o dianteiro aresano dende o bordo da área eleva sobre a saída do porteiro mugardés.
O resto da primeira parte seguiuse con dominio  local con algunhas ocasións de perigo liquidadas con acerto pola meta visitante.
Pouco inquietou o Galicia a Agustín grazas ao bo labor defensivo do Numancia.
A segunda parte sería igual en canto a xogo e no minuto 50 grazas a un corner que saca Miguel e remata Martín establécese o 2 a 0 que deixaba case sentenciado o choque.
Despois dun par de boas intervencións do meta visitante, sería novamente Martín o que batería a Alex Yáñez no minuto 62, ao rematar unha falta sacada con mestría por Fran dende o ataque esquerdo do equipo local.
Co 3 - 0 chegaríase ao final do encontro adxudicándose o trofeo en xogo o equipo aresano.
Aínda que se nota moito a falta de rodaxe, hai que destacar a solidez defensiva mostrada pola parella Martín - Alberto, o bo xogo en xeral dos xogadores de primeiro ano e a fácil adaptación ao equipo de Raúl, incorporado ao club esta tempada.
No lado negativo, lamentar as lesións de Ángel e Emilio aos que lles desexamos unha rápida recuperación.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.