Inicio Noticias Infantís INFANTÍS
 
 

INFANTÍS

IVÁN FICHA NO G. CARANZA

Esta tarde confirmouse a fichaxe de Iván para o Caranza da liga galega.

 

Ares, 13 de xullo de 2010

 

Nunha reunión celebrada no local social do Numancia, na que estiveron presentes directivos do Numancia e Kike Soto, directivo do Caranza, acordouse a marcha do xogador infantil Iván Fernández para o equipo ferrolán que competirá na liga galega infantil.SDR Numancia de Ares. Iván Fernández Formoso.

Iván Fernández leva xogando no Numancia desde que era prebenxamín e quere probar fortuna nunha categoría superior. As directivas dos dous equipos así como os pais de Iván acordaron unhas mínimas condicións, favorecendo os desexos do xogador e velando tamén polos intereses do Numancia.

Nesta ocasión, hai que agradecer o proceder do Caranza, póndose en contacto desde o primeiro momento coa directiva do Numancia, transmitíndolle o seu interés por fichar ao rapaz.

Só queda desexarlle a Iván que complete unha boa temporada no G. Caranza e siga progresando como o leva facendo ano tras ano. Estamos seguros de que co seu traballo, esforzo e calidade conseguirá facerse cun sitio no seu novo equipo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.