Inicio Noticias Infantís Infantís. Torneo de Maniños.
 
 

Infantís. Torneo de Maniños.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Torneo de Maniños. O PoteNon se pasou da primeira rolda.

O Numancia caeu na fase previa de grupos no torneo infantil organizado pola Cultural Maniños S.D. disputado os días 4, 5 e 6 de xuño no campo de O Pote en Maniños. Unha derrota ante o Galicia de Caranza B e una vitoria ante o Portuarios B deixaron apeados os aresáns dun torneo que gañou o Racing San Pedro ó vencer ó Galicia de Mugardos na final. 

O Pote 4/06/2010

Galicia de Caranza B, 4 - Numancia, 1.

Xogaron este primeiro encontro Agustín, José Manuel, Verónica, Alberto, Darío; Miguel, Ángel, Andrés Novoa, Marcelo, Andrés Saavedra e Sergio Rodríguez de saída. Tamén xogaron Tomás e Alejandro.

O gol aresán foi  obra de Ángel, conseguindo poñer o 3-1 no marcador ó finalizar unha xogada na que Tomás disputou un balón ó porteiro e deixou a Ángel só ante a porta para finalizar.

O Pote 5/06/2010

Numancia, 2 - Portuarios B, 0

Xogaron de saída Agustín, Óscar, Darío, Verónica, Sergio Rodríguez, José Manuel, Miguel, Alberto, Marcelo, Sergio Rico e Ángel. Tamén participaron Tomás, Alejandro e Andrés Saavedra.

Os dous tantos foron obra de Ángel.

O Numancia xogou sen intensidade o primeiro encontro e perdeu claramente fronte o Galicia de Caranza, mentres que no segundo partido amosouse un pouco máis centrado e conseguiu gañar un encontro no que xa nos se xogaba nada xa que o Galicia de Caranza tamén gañara ó Portuarios e xa estaba clasificado.

Varias baixas por diversos motivos fixeron necesaria a participación de dous alevíns, Óscar e Sergio Rico, que fixeron un moi bó partido. Tamén subliñar o estado de forma de Ángel que foi o goleador do equipo anotando todos os tantos do torneo.

Información do torneo na web da Cultural Maniños S.D.

Imaxes do torneo na web da Cultural Maniños S.D.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.