Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia, 1 - Narón, 3
 
 

Infantís. Numancia, 1 - Narón, 3

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Semifinal ida Copa Local. Prados Vellos. Numancia, 1 - Narón 3Con pé e medio fóra da copa.

O Narón impúxose por 1 a 3 no partido de ida de semifinais ante o Numancia de Ares disputado na calorosa tarde do sábado en Prados Vellos.

Prados Vellos. 22/05/2010. 

Aliñación: Kike, José Manuel (Andrés Saavedra 52'), Alberto, Verónica, Darío, Martín, Marcelo (Brais 72'), Miguelito (Miguel 69'), Andrés Novoa (Sergio 62'), Angel.

Gol. Angel.

Partido condicionado pola forte calor e a que se soubo aclimatarse mellor o equipo visitante.
Primeiros dez minutos de tenteo sen un dominador claro do encontro.
No minuto 12 un contrataque do Narón por banda esquerda pon o balón ás costas da defensa local e o dianteiro visitante non perdoa e bate a Kike na súa saída (0-1).
Éntrase nunha fase de desconcerto dos locais e de control continuo dos visitantes que dous minutos máis tarde (14), balón en longo dende a media visitante que aproveita novamente o dianteiro do Narón anticipándose á defensa local para bater novamente a Kike. (0-2).
No minuto 16, os locais acurtan distancias grazas a unha boa xogada en banda esquerda de Iván que centra e pelexa o balón Angel anotando o 1-2 co que se chegaría ao descanso.
Na primeira metade o equipo local estivo moi impreciso e lento fronte a un visitante máis contundente en defensa e xerando perigo en ataque. Ata tres balóns acabaron nos paus da meta local e Kike foi un dos máis atarefados durante este período.
A segunda parte comezou con máis intensidade dos locais pero nunca dispuxeron de claras ocasións, seguían lentos e imprecisos e os cambios non melloraron a cara do equipo.
No minuto 69 lesiónase Miguelito e o balón envíao a corner Verónica. Prodúcese a sustitución  e á saída do corner os visitantes anotan o 1-3 definitivo.
No minuto 73 prodúcese a expulsión do adestrador visitante. Todo este cúmulo de situacións despista ainda máis aos locais que xa non son capaces de presentar batalla.
En resumo, derrota xusta dos aresáns que teñen moi complicado o pase á final posto que terían que vencer por tres tantos.
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.