Infantís. Numancia, 5 - Ánimas, 2.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Copa Local. Numancia, 5 - Ánimas, 2. Prados Vellos.Acadouse o pase ás semifinais.

O Numancia de Ares logrou clasificarse como mellor segundo de grupo e clasificarse para as semifinais do torneo de copa local ao imporse por 5 tantos a 2 ó Ánimas.

Prados Vellos. 15/05/2010

Aliñación: Roberto (Kike 40'); José Manuel, Alberto, Verónica, Darío; Martín, Marcelo (Alejandro 61'), Miguel (Andrés Novoa 40'), Miguelito (Tomás 55'); Iván e Sergio (Ángel 40').

Goles: Iván (2), Martín (2) e Ángel

Amoestacións: Cartón Amarelo para Alberto no minuto 34.

Despois da vitoria da E.F. do Racing o venres, os locais necesitaban puntuar para conseguir o pase a semifinais de copa. O encontro comezou con intensidade por ambos os equipos aínda que con algunhas imprecisións en ataque.
Aos 9 minutos unha combinación por banda esquerda entre Iván e Marcelo permite a Iván encarar á meta visitante e conseguir de tiro cruzado o 1 a 0.
Un minuto máis tarde (10') un centro de Miguelito desde a dereita remátao Martín de bolea conseguindo o 2 a 0.
Tras un período de dominio local as Ánimas comeza a dar  mostras de perigo aínda que a defensa aresana controla a situación con efectividade.
No minuto 19 un balón dos visitantes posto ás costas dos locais permite ao dianteiro ferrolán Diego acurtar distancias no marcador (2-1).
O gol espertou aos numantinos que volveron tomar as rendas do partido aínda que sen precisar o pase.
No minuto 29 Iván saca un corner ao primeiro pau o balón dispútao Marcelo co seu marcador quedando solto á beira do poste para que Martín ande listo e aprovéitese da situación para marcar o 3 a 1.
Novamente o equipo ferrolán dá mostras de que non quere saír derrotado de ares e monta contraataques perigosos que son neutralizados pola liña defensiva local. Así e ante a necesidade de parar unha rápida xogada das Ánimas, Alberto agarra ao dianteiro visitante e o árbitro móstralle o correspondente cartón amarelo no minuto 34.
Co 3 a 1 chegaríase ao descanso.
A segunda metade empeza cun Numancia que quere deixar sentenciado o choque e no minuto 42 Miguelito desde pon un balón en profundidade a Iván que bate ao porteiro na súa saída estabeciendo o 4 a 1.
Aos 51 minutos un balón posto por Martín ao vértice esquerdo da área permite a Marcelo disparar a porta, o balón é rexeitado con moitos problemas pola meta visitante e un oportuno Ángel consegue pór o 5 a 1 no marcador.
Aos 55 minutos lesiónase Miguelito e partir de aí o equipo local veu abaixo, aos poucos vaise cedendo terreo e só a seguridade defensiva do Numancia fai que non perige o resultado. A pesar diso no minuto 29 unha entrada por banda dereita permite aos visitantes pór o 5 a 2 definitivo ao bater a Kike cun balón axustado ao poste esquerdo.
En resumo un partido onde a seguridade  de Roberto e Kike en portaría e da liña defensiva con José Manuel, Alberto, Verónica e Darío permitiron que o resto do equipo  conseguise crear perigo sobre todo na primeira parte e principio da segunda e resultaron decisivos no tramo final onde os visitantes angustiaron aos locais.
No plano negativo a excesiva imprecisión e precipitación no pase por parte dos aresanos de metade de campo cara a adiante.
Agora a gozar da semifinal a dobre partido fronte ao Narón e tratar de dar un paso máis neste torneo de Copa.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.