Infantís: Rápido de Neda, 0 - Numancia, 5.
A un paso de semifinais.
A vitoria do Numancia por 0 a 5 en Neda deixa aos aresanos a un paso de clasificarse como mellor segundo e enfrontarse en semifinais de Copa co Narón. Os numantinos dependen de se mesmos e do que poidan facer no seu partido aprazado fronte ó Ánimas.
Municipal de Neda. 8/05/2010
Aliñación: Roberto (Kike 40'); José Manuel (Andrés Saavedra 57'), Alberto, Verónica, Darío; Martín, Andrés Novoa(Miguel 40'), Miguelito, Marcelo (Alejandro 63'); Brais (Ángel 40'), Iván.
Goles: Martín (2), Iván (2) e Miguelito.
O primeiro tempo, que rematou con empate a cero desenvolveuse con dominio visitante no medio campo pero nulo en ataque. Os dianteiros numantinos abusaron en exceso da condución nos últimos metros o que permitía aos locais defenderse con efectividade. Só un disparo de falta a cargo de Martín xerou algún perigo ao estrelarse no poste. No plano defensivo o Numancia controlou en todo momento os ataques locais e a meta visitante nunca estivo en perigo con claridade.
A segunda parte comezou igual, con dominio do visitantes pero cunha diferenza respecto ao primeiro tempo, o balón circulaba mellor e máis rápido.
Froito dunha triangulación entre Iván, Marcelo e novamente Iván provoca que este sexa parado en falta dentro da área, era o minuto 4 e o correspondente penalti transformaríao Martín no 0-1.
A partir de aí o Numancia creceuse e o Neda veuse un pouco abaixo e sería no minuto 17 cando un centro de Miguelito desde a banda dereita aprovéitao Iván para establecer o 0-2.
Iván novamente no 24 pelexa un balón no fondo da área e revólvese para anotar o 0-3.
No 33' sería Martín quen aproveite un rexeite da defensa local que xa estaba moi tocada e anota de lonxe o 0-4.
O 0-5 definitivo é unha nova triangulación entre Miguelito e Iván que asiste ao primeiro para que bata ao porteiro polo seu pau no minuto 38.
Resumindo, un primeiro tempo onde os locais aguantaron a un Numancia que estivo moy ben en defensa, aceptable no medio campo e nulo en ataque. E un segundo tempo onde os visitantes puxeron máis loita e rápidez no xogo fronte a un Neda que acusou moito os tantos en contra.
Tras este encontro e a falta de disputarse os encontros aprazados, o pase a semifinais está decidido para Narón, Ortiguiera e San Sadurniño quedando a praza de mellor segundo entre a E.F. do Racing de Ferrol e o Numancia de Ares.
Os 16 puntos dos aresanos fronte aos 13 dos ferroláns dan máis opcións aos numantinos. A diferenza de goles +26 para os de Ferrol, fronte aos +10 dos de Ares deixa unha posibilidade aos do Racing que terán que xogar fronte ao Amistade-Meirás o seu partido aprazado.
O pase a semifinais está na man dos nosos que deben de pór todo da sua parte para gañar fronte ás Ánimas e seguir con paso firme na competición.