Inicio Noticias Infantís Infantís: Ánimas, 4 - Numancia, 5
 
 

Infantís: Ánimas, 4 - Numancia, 5

S.D.R.Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Copa Local. Ánimas, 4 - Numancia, 5. A Gándara (Ferrol)Vitoria axustada que permite seguir con opcións na copa.
O encontro correspondente á Copa Local entre Ánimas e Numancia de Ares finalizou con vitoria visitante por 4 tantos a 5 que permite aos aresanos seguir pensando en clasificarse para semifinais.


A Gándara (Ferrol) 09/04/2010.

Aliñación: Roberto (Fernando 40'), Miguelito, Alberto, Verónica, Darío; Martín, Marcelo, José Manuel (Andrés Saavedra 40'), Andrés Novoa (Sergio 55'); Iván  i  Ángel (Brais 52').

Goleadores: Brais (2), Ángel, Iván e Marcelo.

Inicialmente o equipo visitante parecía mellor plantado no campo pero sería o equipo local o que abriría o marcador no minuto 11 (1-0).
Igualaría o tenteador Ángel ao aproveitar un pase de José Manuel no minuto 17 (1-1).
Novamente no 23 sería as Ánimas o que conseguiría adiantarse no marcador (2-1).
Un pase de Ángel no minuto 26 permitiría a Iván establecer o empate a dous co que finalizaría a primeira parte (2-2).
O segundo tempo púxose de face para os visitantes ao finalizar Marcelo un pase de Iván no minuto 49 (2-3).
Brais a pase de Martín aumentaría as distancias no minuto 57 (2-4).
As Ánimas non baixaba os brazos e seguía tentando achegarse no marcador, así no minuto 62 acurtaría distancias (3-4).
Á saída dun corner lanzado por Iván, Brais anota o seu segundo tanto e pon o quinto na  marcadora dos visitantes no minuto 66 (3-5) .
A falta de cinco minutos para o final (75') o equipo local acurtaba distancias (4-5) e puña emoción aos últimos minutos do choque que finalizaría co resultado de 4-5 a favor dos aresanos.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.