Inicio Noticias Infantís Infantís. Numancia, 2 - Rápido de Neda, 0
 
 

Infantís. Numancia, 2 - Rápido de Neda, 0

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2009-2010. Numancia, 2 - rápido de Neda, 0. Prados VellosVitoria local co vento como protagonista.

No partido correspondente á copa local infantil, disputado na matinal do venres en Prados Vellos, o Numancia conseguiu imporse por 2 a 0 ante o Rápido de Neda. Ao descanso chegouse co resultado de 1 a 0.

Prados Vellos 19/03/2010.

Aliñación: Agustín ( Roberto 40'); Miguelito, Alberto, Verónica, Darío; Martín, Marcelo, Miguel (Alejandro 68'), Iván, Andrés Novoa ( Andrés Saavedra 59 '), Ángel ( Brais 40').

Goles: Iván e Marcelo.

Amonestacións: Cartón amarelo a Miguelito por reiteración de faltas.

O encontro estivo condicionado polo vento presente durante todo o transcurso do encontro. Ambolos dous equipos abusaron do xogo por alto o que dificultaba o control do balón e provocaba algún susto por mor da influencia do vento.
Pronto se poría de cara o partido para os de Ares que no minuto 5 conseguían adiantarse no marcador. Un balón enviado Martín á banda esquerda permite a Marcelo pór ao primeiro toque un balón ás costas dos defensas que Iván aproveita para encarar ao porteiro. Tras unha primeira intervención do meta visitante, o rexeite volve a Iván que agora non perdoa e pon o 1-0 no marcador.
En xeral o equipo local chegaba máis á porta visitante aínda que non aproveitaba as ocasións. Os visitantes tiveron a súa mellor oportunidade a balón parado, nunha falta que foi desviada por Agustín a corner con bastantes dificultades.
O segundo tempo comezou como o primeiro e aos 6' da continuación un balón que sale de Martín chega a Iván que serve en profundidade sobre a entrada de Marcelo por banda esquerda, este encara ao porteiro e báteo por baixo sobre a súa saída establecendo o 2-0.
O xogo no medio campo seguía sen ser  efectivo, e tratouse de corrixir por parte dos técnicos locais situando a Miguel no medio campo primeiro e xa case ao final atrasando a posición de Iván.
As ocasións máis perigosas nesta segunda metade estiveron a cargo dos locais en un par de contras e tres faltas próximas ao área, mentres que tamén a balón parado sería a forma de chegar até a meta rival por parte dos visitantes.
A reiteración de faltas por parte de Miguelito fixo que vise a cartolina amarela.
En resumo partido pouco vistoso que permite aos locais seguir optando á segunda praza empatados a puntos co Ánimas á espera de disputar fronte a estes o encontro aprazado para finalizar así a primeira volta do torneo.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.